A cultura inviste ata un 30% menos pola crise

XORNAL.COM 06/07/2010 - 00:39 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A crise reduciu os orzamentos do sector cultural entre un 20 e un 30%. Esta é unha das conclusións do barómetro do Observatorio da Cultura, correspondente ao primeiro semestre de 2010, presentado pola Fundación Contemporánea, que realiza unha consulta semestral a un panel de expertos relacionados coa cultura española.

Respecto da enquisa realizada seis meses atrás, na que o 68% dos enquisados opinaba que a crise económica lle afectaría negativamente á cultura en España, a percepción maioritaria é que o impacto da crise económica no sector da cultura en España continúa igual (51,1%) ou se acentuou (38,3%). Tan só o 10,6% considera que o impacto é menor.

O sector da cultura cre que a recuperación non é inminente. Fronte ao 31,2% que espera ver o comezo da recuperación antes de que finalice o 2011, son maioría (51,6%) os que cren que será a partir de 2012 ou 2013, ou mesmo en 2014 ou máis tarde (17,2%). O panel de expertos valorou en primeiro lugar a adecuación das axudas das administracións públicas ás iniciativas culturais privadas. Para un 61,2% son insuficientes.

Respecto dos sectores aos que as administracións deberían brindar un maior apoio, o teatro (53,3%), a danza (52,4%), a música contemporánea (50,5%) e as artes plásticas (47,6%) son as que máis unanimemente xustifican a axuda pública. Literatura (33,3%), cine (31,4%), música clásica (31,4%), deseño (24,8%), vídeo arte (23,8%) e fotografía (21,0%) recollen opinións menos unánimes, mentres que a música popular (12,4%), a arquitectura (9,5%), a gastronomía (3,8%) e a moda (3,8%) son as menos defendidas polos enquisados.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.