Sábado, 20 de marzo de 2010 - 13:24 h
Conect@ con...



Margarita Ledo
Profesora na Universidade de Santiago de Compostela
Sábado 19/12/2009 a las 14:15
Académica da RAG, profesora na Universidade de Santiago de Compostela, escritora e cineasta, trátase dunha personalidade histórica dentro do nacionalismo galego. Dirixiu o semanario A Nosa Terra durante a transición e nos últimos tempos acadou moita sona cos documentais Santa Liberdade e Liste, pronunciado Líster, o primeiro sobre o secuestro dun transatlántico por parte de activistas portugueses e galegos durante a ditadura e o segundo sobre o comunista galego. Entre a súa obra escrita destaca o poemario O corvo érguese cedo.
1.- Xoán Baamonde: Non cree Vde. que se terían que unificar os criterios das normas lingúisticas?

M.L.: Creo, e é tamén un desexo, para alén dunha necesidade



2.- Manolo: A Academia da Lingua Galega paréceme (admito o posíbel erro) que non incorporou todo o vocabulario do galego dos Ancares, Courel... Debe facelo?

M.L.: Craro, e con Novoneyra como faro do Día da Letras seguro que o fará



3.- José Tubio: Considera coerente que, desde as teses da unidade da língua, se tenda à unidade ortográfica?

M.L.: A partir dunha norma de uso público, é dicir, común, defendo as variantes dialectais do galego



4.- Lu: É a favor (S/N)? NH por Ñ; LL por LH; G/J/X por X; Galiza por GaliCia.

M.L.: Galiza... e as mudanzas ortográficas que nos acheguen á lusofonía



5.- José Tubío: Um modelo de língua baseado na maior proximidade possível das falas populares não é contrário ao seguido por todas as línguas nacionais europeias?

M.L.: O estándar dunha lingua é construído, as falas son varias e dendenden de cada contexto.



6.- José Tubio: Coincide com o Sr. Barreiro quando afirma que a Rag não tem responsabilidades na queda de utentes da nossa língua?

M.L.: Coincido



7.- José Tubio: Para uma galega, qual considera ser o melhor dicionário da nossa língua: Priberam, Xerais, Cúmio, Rag, Ir Indo, e-Estraviz, outro?

M.L.: Depende do obxectivo. Fico co de Xerais



8.- José Tubio: Errava o académico da RAG Carvalho Calero ao afirmar que O GALEGO OU É GALEGO-PORTUGUÊS OU É GALEGO-CASTELHANO?

M.L.: Acertaba, e tamén ao dicir que teremos de facer un 'acto de amor filial' par cos pais e mais que preferen o castelán e levalos cara o galego



9.- lector de alema.org: o reintegracionismo, colabora ou dificulta o futuro do galego?

M.L.: Na realidade falamos dun espazo galego-luso-afro-brasileiro onde nos temos de fascer visíbeis



10.- José Tubio: O que acha (necessidade, urgência, papel das instituições na demanda) da recepções das Tv's e rádios lusófonas na Galiza?

M.L.: Acho ben. E viceversa



11.- José Tubio: Coincide com o Sr. Ferrin na sua afirmação da soberania da Rag? Qual é o tipo e grau de relacionamento com o Ilga e com a Junta?

M.L.: A RAG é, segundo o Estatuto, unha autoridade normativa, por riba do ILGA



12.- Tomé: Institucións como a RAG están en mans de homes.Por que non te presentas a presidenta?Mesmo o agradecía,Ferrín é pouco conciliador.

M.L.: Porque movimentome en moitas pistas esbaradizas que non quero abandoar, como o cinema nacional.



13.- Tareixa: Considera que a lingua está politizada? Canto mal lle fai iso á nosa cultura?

M.L.: A lingua é constitutiva do nós como suxeito político, é dicir, comunal. O que está é instrumentalizada por razóns electorais



14.- T. Cultureta: Que sería máis interesante para a nosa lingua: películas ou series dobradas en galego ou subtituladas no idioma do país?

M.L.: Películas Subtituladas. Series dobradas



15.- eunacínaldea: ¿Como entrou en contacto co nacionalismo galego? ¿É posible unha nación galega sen lingua galega?

M.L.: Entrei en contacto como estudante de Xornalismo en Barcelona e a traveso da litertatura en galego. No caso alego, a lingua é constitutiva da nación



16.- repelocho do horror: Temos os xestores culturais que merecemos?

M.L.: Non, temos os que domou o capital



Mensaje de despedida

M.L.: Grazas e disculpade a premura das respostas. Deica outra, sempre. Lingua, a nosa! Margarita


Volver al listado de conect@ con...
Publicidad Gas Natural Fenosa - Mundo