Viernes, 03 de septiembre de 2010 - 11:57 h
Anxo Quintana
Político
15-02-2008 23:58

Somos unha potencia

   Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Témolo dito en moitas ocasións e mesmo temos en marcha unha campaña para lembrarllo a todos e todas: somos unha potencia. Galiza é unha potencia en pesca, en produción de enerxía, en creación cultural, en tantas e tantas cousas, que ás veces esquecemos que tamén somos unha potencia en materia forestal.

Hoxe estivemos nun lugar precioso que vos recomendo a todos, a carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos, concello de Cotobade. Un lugar cunha grande carga simbólica porque os veciños e veciñas conseguiron que ese espazo fermoso no que tamén se pode desfrutar do edificio dunha capela, fose seu, por dereito propio. Eses veciños, e tantos outros de Galiza, posúen montes en man comun que están a ser tratados inxustamente desde Madrid. Alí contamos as nosas propostas para rematar con esa situación, porque xa está ben de que teñan que soportar cargas fiscais similares á das empresas.

Nestes días, como vén sendo habitual en precampaña, andamos de un lado ao outro. Onte estivemos en San Paio de Navia, en Vigo, onde a Consellaría de Vivenda está a facer un labor exemplar coa construción de vivendas protexidas e o mércores fomos a Madrid para manter unha reunión de Galeuscat. Intercambiamos ideas e impresións e algo ficou claro: tanto CiU, como o PNV pensan, igual que o BNG, que estas van ser as elecións do nacionalismo, as elecións nas que por fin se visualice que vivimos nun estado plurinacional e plurilingüe e por iso -por que non- poderiamos ter un presidente ou presidenta do Congreso ou do Senado. Falaremos de novo o 10 de marzo.

Ademais de mencionar a nosa visita ao Carballiño e ao Barco de Valdeorras, onde de novo recibimos os vosos ánimos, non vou rematar hoxe sen recomendarvos unha visita ineludíbel: a Fundación Vicente Risco en Allariz. Ali inauguramos a semana pasada un espazo adicado a todos e todas os que idearon esta nación como unha forma de estar no mundo e, alí, moitos e moitas poderían tomar máis de unha lición.

>> Anxo Quintana é portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galicia.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad