Jueves, 18 de marzo de 2010 - 13:30 h
Beatriz Guiance
Colaboradora
15-06-2008 11:04

Xerando crise

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Poña unha crise na súa vida! Donas e cabaleios, pasen e vexan, escollan, cal é o seu modelo de crise? Hainas para todos os gustos e para todos os petos, mais lembren, se estamos en crise non vaian ás terrazas, restaurantes e pubs na fin de semana, non ateiguen as tendas de moda coa súa insolente presenza á procura das ansiadas prendas de tempada, e por último - aínda que non derradeiro - non mire onde pasar as ferias... se non hai para pan non imos mercar estampas!

Podemos estar todos de acordo en que o prezo do combustible nos está a pasar factura a todos, mais hai que recapacitar e non deixarse enganar polas falsas crises que a propia xente está a provocar coas súas actitudes.

Que o gasoil está cada vez máis caro é un feito, que todos o temos que pagar tamén, que a orixe da suba está na guerra do Iraq é unha evidencia, mais a solución non é paralizalo todo.

Os armadores mentres gañaron cartos a mans cheas non pensaron en se os demais gañaban o suficiente para vivir con dignidade e, por suposto, non se lles pasou pola cabeza compartir as súas gañancias con ninguén, nin cos seus mariñeiros.

Logo por que habemos pagar entre todos as axudas que pretenden para o combustible? Acaso o resto imos ter unha reducción? Un profesor que ten que coller a autovía todos os días para ir traballar a 50 quilómetros, acaso non ten que pagar o combustible e a autovía do seu peto? Tamén ten que poñerse en greve para que lle baixen o gasoil?

A xente na súa falta de conciencia ou concienciada de máis para facer dano, tanto os uns como os outros, están a provocar crise coa súa actitude.

Gasolineiras con avisos de que xa non hai combustible, transportistas que deixan sen repartir alimentos como froita que vai apodrecer nas cámaras; tendas, mercados, supermercados que en breve se verán desabastecidos, e todo polo afán da xente de arramplar con todo canto pode levar.

A que conduce levar o depósito cheo e garrafas de combustible para casa? A ter un perigo engadido para a eles e as súas familias? Que obxecto ten facer acopio de alimentos de xeito desmesurado como se fora haber unha catástrofe natural ou unha guerra? Que falten alimentos e productos de primeira necesidade? Subir os prezos de todo aínda máis?

Hai que xerar crise, por se é pequena a que hai, temos que xerar non só unha senón todas cantas poidamos. Pregúntome, se o Goberno cede e fai concesións a determinados sectores, canto tardarán os demais en sumarse á greve? Que cada pau aguante da súa vela... e non saquemos máis crises de onde non as hai.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers