Unión, Progreso y Democracia (UPyD) de Galicia (que non de Galiza) considerou "indignante" a proposición non de lei presentada polo BNG no Parlamento galego, na que reclama unha nova normativa que obrigue ao persoal sanitario da Galiza a coñecer e falar galego e que este sexa eliminatorio nas Ofertas Públicas de Emprego.
E non será indignante que na Galiza, no sistema galego de saúde, un paciente galego non se poida comunicar na súa lingua?
Será que non é indignante que che responda en español un funcionario público galego (ou cando menos exercendo na Galiza e nun ente galego)?
É como se chego a un hospital de París falando francés e me responden en inglés, e por riba me miraran por riba do hombreiro ou abanearán a testa como queréndome dicir o pailana que son, o que está de moda é o globalizador inglés.
To be "in" or "out", that is the question.
Whath happens whith you?
Nun comunicado, UPyD criticou que a formación frentista pretenda converter nunha "cuestión lingüística" o "verdadeiro desastre sanitario" que vive Galiza con listaxes de espera "intolerables". Por iso, acusou de "desolador" que o BNG pretenda "xerar novos problemas" fronte á "alarmante" situación asistencial da sanidade na Galiza.
"De nada serve xustificar atrasos imparables con pésames normativizados", reza a nota de UPyD, e engade que "só falta esixir dos pacientes algún tipo de certificación de competencia lingüística para poder ser atendidos en centros do Servizo Galego de Saúde".
A cuestión é xustamente ao ao revés, porque hai quen tendo unha doenza se sinte coartado á hora de relatar os seus males.
Se os ten que referir a alguén que non lle resulta nada próximo e que ademais lle está a responder noutro idioma, acaso non lle está obrigando - directa ou indirectamente - a mudar a súa lingua?
Un paciente galego, no sistema de saúde galego, é lóxico que se poida expresar en galego. Mais, realmente pode?
O funcionamento do sistema de saúde e as listas de espera nada teñen que ver co idioma mais, se me apuran, algo axilizarían na diagnose se aos pacientes lles falran na súa lingua.
Non sei como funciona tan mal a sanidade en Madrid, falando todos en español debería ir como a seda, non si?