Domingo, 21 de marzo de 2010 - 14:05 h
Beatriz Guiance
Colaboradora
14-11-2008 18:56

Quen manipula "vergonzosamente"?

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
A asociación Galicia Bilingüe reiterou o seu rexeitamento á campaña sobre plurilingüismo e a favor do decreto do galego no ensino, que impulsa a Universidade de Vigo, e informou de que iniciou o envío de cartas aos directores de centros educativos da Galiza para pedirlles que " formulen a conveniencia" de acoller as charlas e conferencias en institutos e colexios que inclúe a iniciativa.

Segundo manifestou o colectivo, a campaña da institución académica viguesa, titulada 'Europa é plurilingüe. Quen sabe galego, sabe máis', é unha "manipulación vergonzosa" da realidade idiomática que existe en diferentes territorios. Así, considera que "está unicamente baseada nun enfoque identitario e de corte nacionalista, e en absoluto substentada nunha base científica".

Por iso, Galicia Bilingüe, que achega coa carta o informe que elaborou sobre a situación lingüística doutros territorios, pide na súa misiva que os directores a trasladen ás asociacións de pais e que "se formulen a conveniencia de permitir nos seus respectivos centros" a transmisión do que ao seu xuízo son "informacións inveraces".

Quen manipula de xeito vergoñento está tan claro que non é preciso nin mencionalo.

Nacionalismo español é o que rezuman polos seus poros ademais do seu auto-odio, e a base científica é da que carecen eles, se entendemos neste caso "científico" como estudos filolóxicos e históricos.

Científico é un témo que se refire á ciencia e unha lingua non é unha ciencia, é un ente vivo, instrumento de comunicación e sabedoría, é cultura. Sen palabras, sen linguaxe non se podería pensar nin argumentar ningún elemento científico.

Outra característica vergoñenta destes suxeitos: deixar ás linguas - ou só á galega- nun plano por baixo do científico.

Todas as materias son importantes e ningunha está por riba da outra, apenas a educación e o saber estar, ademais de acatar as leis. Iso parece que non o aprenderon algúns nunha escola - pola súa idade e apariencia- na que o galego estaba proscrito.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers