Lunes, 15 de marzo de 2010 - 8:18 h
Beatriz Guiance
Colaboradora
27-11-2008 19:09

O PPdeG galeguista español de centro?

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que se comprometeu hai tres anos a percorrer "o camiño polo centro", e que así o seguirá a facer, e sinalou que "en Galicia se pode volver iniciar a reconquista democrática de España".

Cando deixou de ser España ou a Galiza unha democracia? Morto Franco e sacado algún que outro dictadorciño avalado polas urnas... xa hai uns poucos aniños que non hai atisvo de dictador pola costa.

Feijóo destacou, durante o seu acto de aclamación como candidato á Presidencia da Xunta, ao que acudiron uns 7.000 militantes en Santiago, que "a partir de hoxe deixará de ser unicamente o presidente do partido para ser o presidente de Galicia".

De ilusión tamén se vive!! Non será mellor agardar ás eleccións e non poñer os carros antes que os bois?

A Galiza aínda non falou, mais fas ben en aproveitar a autoprocamarte presidente agora porque logo das eleccións dubido que o sexas. Aproveita, home, aproveita.

Así, indicou que isto significa "poñer os principios a disposición dos galegos" e apostar por un "galeguismo" que dea mostra de "unidade fronte á división e as imposicións". Ou sexa español-galleguismo submiso a Madrid, acatando imposición desde política a lingüística, a la vez que imponiendo... uffffffffff, que lapso harmónico, Feijoo president.

"O obxectivo de Galicia é converterse nunha terra de oportunidades para todos sen excepción" e, deste modo, saír do "pesimismo e a desconfianza que xera unha nave que non ten rumo", en referencia ao Goberno bipartito da Xunta.

Galiza, vento en popa a toda vela, rumo á liberdade e ao progreso.

Neste sentido, pediu ao presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, presente no acto, ao que tamén acudiron outros dirixentes estatais como Ana Mato e Ana Pastor, que "diga a todo o PP que chegou o momento de Galicia", slogan da campaña.

O momento de voler para atrás como o cangarexo? Non, grazas. O momento da Galiza xa comezou, o momento do cambio está en curso e aínda queda moito por vir, por facer e por ver

Feijóo erixiu ao partido en "única alternativa" a un nacionalismo "excluínte" e a un socialismo "oportunista". Engadiu que deu a súa palabra de "non traizoar as siglas" e agora "o G de Galicia segue tendo a mesma forza e potencia que na época de Fernández Albor e Manuel Fraga". Válgateme Deus!!! O "G" da Galiza traizoado polas siglas dos galegófobos, dos galidependentes de Madrid, dos g....

"Quero ser o presidente dunha Galicia unida e que non se pecha en si mesma, que defenda o galego onde estea e trate aos maiores con respecto," apuntou. O obxectivo, continuou, é que todos os nenos sexan educados "en liberdade, calidade e valores", que os servizos públicos e a sanidade funcionen e que a lei de dependencia se cobre.

A Galiza que se pecha sobre si mesma é a Galiza do auto-odio, a galiza que defende un galego de andar por casa e vive na diglosia e o desprezo máis absoluto por unha cultura e unha lingua milenarias.

A Galiza que se pecha sobre si mesma é a Galiza que pide liberdade para educar cando pretende coartala, liberdade para que os nenos poidan ser educados en castelán cando o que non poden é ser educados en galego, na súa propia lingua; liberdade para ser educados en valores cando se pretende obviar unha materia de educación para a cidadanía, que cando menos polo nome parece máis que precisa.

A Galiza que se pecha sobre si mesma é aquela Galiza na que se facía festa con encherolas por todo, na que os vellos eran caldo de cultivo para encher o hórreo popular, a Galiza na que se recollía aos vellos coa papeleta do PP e se levaban (bocadillo en man e transporte incluído) ao colexio electoral.

O ex-presidente da Xunta Fernández Albor transmitiu ao BNG que eles "tamén somos galleguistas", pero "españois, que aman a lingua de Rosalía e a de Cervantes" (Menos mal que debía ser a mesma, aínda que os moi eruditos se desenvolvían en castelán como peixe na auga. Esa é a riqueza de coñecer outra lingua ou moitas, ademais da propia). Ao PSdeG dirixiuse para dicir unha palabra: "liberdade", xa que os populares defenden "liberdade para todo" fronte aos socialistas que son "partidarios do intervencionismo".
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers