Domingo, 21 de marzo de 2010 - 17:11 h
Beatriz Guiance
Colaboradora
19-12-2008 16:19

"Colgar" aos nacionalistas

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
D.Manuel (o mesmo Manuel Fraga ex-presidente da Xunta, presidente fundador do PP e senador na actualidade da súa dilatada careira) afirmou, ao ser preguntado pola posibilidade de limitar o peso dos partidos nacionalistas na política estatal, que "habería que ponderar colgándoos dalgún sitio" e engadiu, para explicar esta afirmación, que "o nacionalismo por definición é o contrario da defensa de España".

E o nacionalismo español que tanto defende, que será logo?

Fraga protagonizou un almorzo informativo do Forum Europa no que ofreceu o seu punto de vista sobre os 30 anos que cumpre a Constitución. O senador explicou que na etapa constituínte tivo como primeiro obxectivo que a nova Carta Magna salvagardase a unidade de España, que foi un erro introducir o termo nacionalidades e que o único artigo que non é "perfecto" é o 155, o que contempla a suspensión dunha autonomía, que "non puido ser aplicado" porque o Senado non está preparado para iso, espuxo.

Manuel Fraga descartou unha reforma ampla da Carta Magna por non o considerar "necesario nin convinte", mais si apostou por reformar o Senado e tamén a composición e tamaño do Congreso dos Deputados. Isto sería, dixo o senador, "reformar a Constitución por vía de cumprimento".

Estará D.Manuel vivindo unha quinta xuventude inconformista e combatente?

O primeiro, insistiu, "ten que poder cumprir sen presións inadecuadas este artigo 155". Este apartado concede ao Goberno capacidade para tomar as medidas "oportunas" para "obrigar" unha Comunidade a cumprir as súas obrigas constitucionais se se considera que non o fai. Para iso, se o presidente autonómico non atende os requirimentos, o Executivo poderá intervir co apoio da maioría absoluta do Senado.

"O Estado autonómico só quedará pechado no momento no que o Senado teña os poderes que prevé a Constitución e que agora nin ten nin pode exercer", dixo.

En canto á composición do Congreso, a segunda reforma indirecta da Constitución que Fraga defendeu onte, trataríase de revisar o número de deputados e a súa repartición. "Fíxase un número máximo, pero foron repartidos dunha soa vez e isto non se tocou. Hai que seguir as evolucións da poboación e evitar que se formen desigualdades dentro do Congreso", defendeu.

Preguntado despois pola posibilidade de limitar o peso dos partidos nacionalistas na política estatal, Fraga respondeu entón que habería que facelo "colgándoos dalgún sitio" e ao pedírselle unha explicación máis ampla, agregou que o nacionalismo é "por definición" contrario á unidade de España.

Cal nacionalismo? O seu?

Manuel Fraga repasou diversos artigos da Constitución dende o Título Preliminar até o final para argumentar que está suficientemente claro que a soberanía é única e a nación é indisoluble e que o Estado mantén unhas competencias exclusivas, aínda que as Comunidades Autónomas teñan as súas "posibilidades de asentamento". Cre que introducir o termo nacionalidades na Carta Magna foi un erro e el os suprimiría. "A algúns non lles gustaría, pero eses serían os menos", dixo.

Serían os menos?

"A interpretación nacionalista das autonomías carece de todo fundamento. Esperemos que o Goberno da Nación saiba estar no seu sitio e acabar con todos os intentos de converter a autonomía no que non é", manifestou.

Pois si, a interpretación nacionalista española carece de todo fundamento, e agardemos que o goberno do Estado saiba estar no seu sitio e non dea cabida nen aprecio ás súas manifestacións de intencións ou declaracións.

Manuel Fraga asegurou que mantén unha"profunda preocupación"por acontecementos como o intento de consulta soberanista do Goberno vasco, o seu rexeitamento por parte do Tribunal Constitucional debe terse "moi en conta"porque foi decidido por unanimidade.Engadiu que lle inqueda ademais o contido do Estatuto catalán e a persistencia do terrorismo.

E non será máis preocupante que haxa quen queira cargarse o Estado de dereito, a democracia e o sentir dos pobos que configuran o Estado español?

Manuel Fraga explicou que unha das razóns polas que decidiu volver á política galega foi convencerse a si mesmo, dixo, de que era posible lograr"vantaxes"para unha autonomía "sen sairse da Constitución". "Os meus 16 anos de Goberno o demostran", resolveu.

E que demostran? que se pode afundir un país negándolle os avances e tirar para adiante a súa riqueza?

Preguntáronlle a D. Manuel pola profundidade da crise económica do país. Na súa opinión, tras negarse a pronunciar a palabra, o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, tería que considerar "unha dimisión fulminante".

E non tería que ter dimitido vostede, cando menos, cando estaba a cazar mentres o Prestige afundía na súa ausencia e neglixencia? Non merecía o pobo galego unha demisión de quen non soubo estar nen defender os interses dos galegos?

Entre reflexións sobre a unidade estatal e a Constitución, Manuel Fraga asegurou que o "espírito patriótico subsiste" entre os españois.

Cales españois?

Nembargantes, só se demostra en determinadas facetas da vida social, como a deportiva. Cando a selección de fútbol gañou a última Eurocopa, asegurou Fraga, o país parecía "a potencia máis romántica de Europa en patriotismo" e desexou que este "impulso" se xerase noutras ocasións.

E non lle di nada a vostede que unicamente a través do trunfo dunha eurocopa, á que non se pode presentar outra selección que a absoluta estatal, sexa capaz de despertar sentimentos "patrióticos"?

Dito sexa de paso, que acontece cos que non gostan do futbol? non son patriotas? E os que non sentimos emoción ningunha pola "roja"?

Haille por aí, D.Manuel, unha selección irmandiña á que moitos si sentimos, un himno que nos emociona (e non é o chan, cha, chanda...) e unha patria que levamos no corazón.

Onde é que nolo quere pendurar?
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers