Viernes, 19 de marzo de 2010 - 21:33 h
Rosa Aneiros
Escritora
08-02-2009 01:33

Matemáticas

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
De nena “impuxéronme” as matemáticas e esa rabia de ter que sumar 3+4 foi medrando cos anos académicos ata chegar ás raíces cúbicas. Ata que alguén me explicou que o coñecemento non ocupa lugar e, daquela, todas e cada unha das palabras, das ecuacións, das capitais dos países fóronse colando para multiplicar as paredes infinitamente elásticas do meu cerebro.

Cada vez que subo a un avión, aterro nun punto do planeta e me dirixo ás persoas en linguas diferentes, penso na inmensa riqueza de poder comunicarme, coas linguas que aprendín por transmisión familiar ou escolar, con persoas de todo o continente americano, Australia, Europa e diversos países de Asia e África. Que sorte, que as palabras coas que nomeo o mundo me abran tantas portas. E non pechen ningunha.

Pero sospeito, non paga a pena aquí citar as innegables vantaxes do multilingüísmo. As máis das veces, o entendemento non é cuestión de linguas nin de razóns senón de vontade. O resto son só cancelas, esa maraña terrible de Lost in Translation. O absurdo de pensar que 3+4 non me ía valer para nada.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers