Viernes, 03 de septiembre de 2010 - 10:47 h
Avogado
02-03-2009 22:41

O pobo é quen máis ordena

   Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 15 voto/s

Deixeille dito no blog do imprescindible Arturo Casas, a cantinela de José Afonso, moi o seu pesar. O resultado das eleccións do domingo, foron unha sorpresa para todos agás os votantes que dun xeito uniforme refugaron ao bipartito e apostaron por darlle unha oportunidade a un partido que lle vedaran catro anos antes.

Non fai falla ler entreliñas para decatarse de que nas autonómicas do 2005 votárase contra Fraga, e unha porcentaxe importante de votantes liberais e de centro, retiráronlle o apoio ao de Vilalba para darllo a Touriño que anunciaba o goberno de progreso e que claramente tiña que ser produto do pacto co BNG. Aquela esperanza de renovación e rexeneración democrática, non callou, e dende o principio, xa dende o principio na propia conformación do goberno onde se lle deu as costas a sociedade civil, con conselleiros militantes e partidarios que a súa vez se arrodearon de fideles de partido e amigos, xusto o que sempre lles criticaramos aos vencidos, foinos pouco a pouco convertindo senón en contrarios sí en excépticos.

Ese excepticismo, vaise incrementando cando o BNG, lle salva o cú a Magdalena Alvarez no Congreso, que xa saben o que dixo do Plan Galicia, que fora pouco ou nada estaba nos presupostos do Estado e que andaluza se pasou pola entreperna, a súa actitude diante do colosal disparate que é a Cidade da Cultura, normativas de revistas de decoración como as do Habitat, e xa non digamos as xuntanzas dos maiores con Quintana, ou de Quintana cos vellos como queiran.

Pero o que a xente, digo eu, non atura e a falla de compromiso que amosou o Goberno co país.

A oportunidade histórica de ter a un Goberno amigo en Madrid, deulles os socialistas galegos a posibilidade de traer para Galicia e ir condonando pasiño a pasiño a débeda histórica que se recoñece con nós, pero nin o AVE, nin unha nova negociación da cota do leite, nin na renovación das licencias pesqueiras, e sinto moito pero temas tan locais como a Ponte do Río Miño en Lugo, foron minando día a día todas as nosas arelas no chamado Goberno de Progreso.

Seguro que estes argumentos foron os que menos pesaron no electorado o domingo, e que somentes están no maxín dalgún desorientado, e dirán que foi a crise económica ou a língua. Non se enganen, foi o que foi.

 

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad