Martes, 09 de febrero de 2010 - 21:35 h
Rosa Aneiros
Escritora
16-03-2009 00:24

Antoloxía do cotián

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

As mans formando unha cuncha pechada cun paxariño acabado de saír do niño. O seu diminuto corazón a latexar na pel. Un funil. Unha carreira de maratón. Un abrecartas. As agullas de calcetar. Estorniños. Grilos. Xúpiter. Os autores e autoras premiadas na XIII e XIV edición dos Premios Arcebispo Juan de San Clemente fixeron inventario nos seus discursos dunha pequena antoloxía e obxectos e xestos cotiáns que constrúen a maxia da gran literatura. Vicente Molina Foix, María Reimóndez, Haruki Murakami, Luis Landero, Anxos Sumai, Julian Barnes. Seis maneiras de contar historias e de soñar. Pero, non esquezamos, a verdadeira maxia dos libros está non só en quen os escribe senón en quen os le. A entrega deste premio por alumnos de secundaria de toda Galicia é un motivo de esperanza. Da vixencia da literatura e do futuro da mocidade. Como di Anxos Sumai na premiada Así nacen as baleas: "Pensei no que escribira Ramón na Antoloxía dos obxectos cotiáns a respecto dun coco: se a auga non flúe, é que o coco está podre". Se non hai lectores, os libros tamén podrecen.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles