Martes, 16 de marzo de 2010 - 0:31 h
Xabier P. Igrexas
Membro de Galiza Nova
18-05-2009 07:41

Primeiro aviso a Feijóo

8 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 21 voto/s

Unha marea cívica ateigou onte as rúas de Compostela de dignidade, nunha histórica manifestación en defensa do galego. A convocatoria de A Mesa pola Normalización Lingüística foi seguida por preto de cincuenta mil persoas, que a berros e baixo unha intensísima choiva, esixíronlle a Núñez Feijóo que abandone as súas pretensións españolistas, que trala suposta defensa dun bilingüismo cordial, encarnan o máis serio ataque regresivo contra do noso idioma dos últimos tempos. O pobo mollouse a favor da lingua. Fica demostrado pois que a inmensa maioría do noso pobo aposta, mesmo persoas que falan habitualmente en español, porque non se dea nin un só paso atrás no proceso de normalización lingüística. O Partido Popular terá que atender ao mandato social que sae da mobilización de onte, porque o de onte foi apenas un sonoro primeiro aviso. Con todo, que a estas alturas da nosa historia teñamos que seguir saíndo á rúa para defender o noso idioma, é un claro indicador de cómo seguimos a ser unha colonia na que a única imposición é a da lingua e cultura española.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers