Viernes, 19 de marzo de 2010 - 19:06 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
29-06-2009 00:11

En defensa do galego

12 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

O número de homes e mulleres que falan galego é, seguramente, o mesmo agora que antes das eleccións autonómicas, pero agora sinto con angustia como a nosa lingua está en perigo porque, como dicía ‘Pachi' Vázquez na ofrenda floral na tumba de Ramón Piñeiro, "O principal perigo do Galego é o Goberno de Feijoo". O presidente da Xunta está actuando con irresponsabilidade errática có único obxectivo de encher o capizo con trinta moedas de votos. Espero que fracase nesta traizón á lingua que debería defender como representante de todos os galegos e galegas. Espero que fracase porque confío en que se está a producir unha gran corrente de opinión en defensa do galego, parafraseando a Mitterrand "unha forza tranquila". Así o puiden comprobar na manifestación do pasado día 17 de maio en Compostela onde milleiros de persoas diversas, de toda clase e condición, coreamos consignas perfectamente compatibles con calquera galego ou galega que simplemente ame a súa lingua. Penso que a mellor forma de evidenciar a utilización electoralista da lingua por parte do PP é precisamente apoiar este gran movemento cidadán en torno á Mesa pola Normalización Lingüística e fuxir de cortoprazismos partidarios dende dentro e dende fora da propia Mesa. É a esta a quen lle corresponde a responsabilidade de configurar unha posición con vontade de exercer de columna vertebral da defensa do galego, con visión ampla e xenerosa, na que poidan verse recoñecidos cidadáns de distintas posicións políticas. Un elemento clave para a extensión do galego é, precisamente, a identificación da lingua con elementos de prestixio social, por iso resulta imprescindible o uso público da "lingua propia de Galicia" por tódolos representantes e dirixentes sociais, especialmente no caso dos representantes políticos, pero aínda máis no caso do presidente da Xunta e dos conselleiros e conselleiras, que están obrigados por xuramento ou promesa, cando asumen a responsabilidade do seu cargo, ao cumprimento do Estatuto de Autonomía. A estratexia do Partido Popular non é improvisada, primeiro móstranmos unha realidade absolutamente minoritaria, cando non directamente unha mentira, e presentan ó castelán como lingua en risco en Galicia, dan por feito que se trata dun problema xeral de toda a sociedade e logo "consecuentemente resólvena" aplicando medidas de impacto xeral a problemas que na práctica non existen. Por iso a resposta ten que ser firme e de longo alcance. É necesario que tomemos conciencia do risco no que se atopa a nosa lingua, por iso é preciso reivindicar con tranquilidade no día a día os dereitos lingüísticos dos que falamos galego, non contra ninguén senón a prol de nos mesmos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Gaivotas teimudas...
Adrian
2009-05-21 10:15:30
Feijóo é hoxe presidente porque o eleitorado galégo é un dos máis crédulos do mundo. Feijóo mentíu, manipulou, non reparou en cuestións éticas á hora de encarrilar a súa senda a Monte Pío. Pero na cuestión da língua, a maior torpeza das gaivotas que cren que o bipartito quixo impoñer a língua galega, é obviar ou non saber que o señor Feijóo VOTOU FAVORABLEMENTE EN DÚAS OCASIÓNS O DECRETO 124/2007 DE PROMOCIÓN DO GALEGO NO ENSINO. E por extensión, Feijóo aínda contou máis mentiras coas que enganou a un torpe eleitorado galego, torpe por falta de educación política e democrática, e torpe por ese individualismo tan atroz que segue a non conformar unha Galicia unida. Por outro lado, as afirmacións do columnista son totalmente certas, porque aínda, en pleno século XXI, se cre, e boa parte das gaivotas cren, que falar galego é de paletos, e falar castelán é de señoritos. E se a xente fala menos galego non é tanto por unha cuestión de decisión persoal (que o é en parte), senón pola falta de promoción da língua que, recordo, segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia, é a propia de Galicia. E esa lei, pese a quen pese, como lei orgánica do estado español, non a pode derogar máis ca o Parlamento español.
2
Como sigamos confundido os carros coas carretas, o galego terá pouco futuro
Atenea
2009-05-20 20:01:53
Señor Carro, vostede confunde os carros coas carretas, non sei se é porque non ten as ideas claras ou porque pensa ca maioría dos galegos somos tontos. Mire, se a maioría dos galegos pensara que Feijoo é un perigo para o galego, dudo moito de que houbera ganado as eleccións. El non dixo que fóra a perseguir o uso desta lingua, só se comprometeu a derogar o famoso Decreto. En que se basa vostede para pensar que aos galegos que non nos gusta este Decreto estamos en contra da lingua?. O que se impón a forza e de forma antipática (en esto último tamén teñen a culpa algúns profesores de galego), acaba sendo rexeitado. A proba de que esto é así, é que a xente xove o fala cada vez menos. Mire, quen fai uso oportunista do idioma é o seu xefe de filas, que non se lle coñeceu ata agora o seu papel de guardián do galego. E tén bemoles que nos arengue para apoiar a MNL!. Pero cando foron elexidos democráticamente os seus compoñentes?, como nos vamos sentir representados por esa panda de radicales totalitarios que son pesebreiros do galego?. Mire, a lingua galega non terá futuro mentras se apropien dela os políticos de ideoloxías que de momento son rexeitadas nas urnas.
3
EU TAMÉN SON ALDEANO
marusía
2009-05-20 18:46:28
Ímos ver Xabier Carro,¿ en que idioma, língua,etc , falan as seguintes persoas ?, o alcalde de LUGO ?, o alcde de FERROL ?, o alcalde de CORUÑA ?, o alcalde de NOIA ?,e o sr. Vázquez ?,etc,etc,etc, e digo "falar", a cotio, a diario, no día a día pra nos entender,o que pasa, que cando hai un día de celebrar algo, poño por caso, 25 de XULLO día da Patria Galega, ála veña todos a falar o galego,e poñer unhas froles no Panteón de Galegos Ilustres e quedamos de puta madre , 26 de XULLO,rematou o día, rematou a romaría, voltámos a << hablar el castellano no,vaya ser >>, 17 de MAIO díaDAS LETRAS GALEGAS , outro do mesmo, << Galegos de apariencia , castellanos de conveniencia >> , e máis transparencia, " ou se é , ou non se é ", galego de seu , boa tarde , e por certo,o tíyulo que dou ao meu comentario, non fai nen catro meses, que mo chamaron, por certo tamén, non era de deréitas, por favor un respecto
4
Péssima actualização
Pedro Bravo
2009-05-20 17:50:12
A actualização dos comentários dos leitores neste diário é francamente melhorável.
5
O PSdeG terceira forza
2009-05-20 17:20:00
O PsdeG como ben dis ten que apoiar á mesa nas súas reivindicacións pero de forma clara e sen ambigüidades non como na manifestación do 17, na que non se lle veu como partido participante. Esperemos a ver se leva a cabo a túa iniciativa de abandonar o parlamento galego cando un deputado exprésese en castelán e que ti uses o galego no senado (axiña que sexa posible). En canto ao consenso que pide o PP non vos deixedes enganar, pois o consenso xa se alcanzou co plan de normalización dá lingua aprobado por unanimidade no 2004 e o racharon eles porque so pode haber consenso cando eles mandan Co galego nin un paso atrás senón dentro de catro anos o PsdeG outra vez terceira forza
6
Um pequeno esforço da imaginação (ou nem tão sequer)
Pedro Bravo
2009-05-20 17:14:51
Que cada quem visualize a um galego castelão falante que se passa ao galego e um galego galego falante que se passa ao castelão. Precisa-se explicitar as diferenças? Mais, de certo, a gente que confunde o sentido da dignidade com o capricho infantilóide não terá o valor de o fazer.
7
¿tino é a súa señora?
XG
2009-05-20 13:07:14
Sr. Carro, ¿O comentarista tino ("esto non se publica seguro") é a súa señora. Porque ríñelle como se o fose.
8
Os detalles falan sen necesidade de palabras
XG
2009-05-20 13:03:07
Sr. Carro, di Vde: "un elemnto clave para a extensión do galego e, precisamente, a identificación da lingüa con elementos de prestixio social. Eu concordo coa súa afirmación. E considero que a presencia do Secretario Xeral do PSdG, seguido de outros membros coñecidos da dirección dese partido e id. grupo parlamentario haberían aportado "elementos de prestixio social". Se alguien me dixera que non podía ser por coincidiren as horas coas da ofrenda floral eu preguntaría ¿pq se fixeron coincidir?. Creo que se me entende.
9
O que falta non se cubre co que hai.
XG
2009-05-20 12:52:30
Sr. Carro, é unha alegría saber que Vde. estivo na Quintana o día 17. Estou certo que outros moitos membros e votantes do PSOE estaban alí. Pero o seu partido, as súas bandeiras, non estaban. Eu nin reclamo por aquela falta, nin culpo a vostede dela. Pero si afirmo que, faltando, o seu partido tivo máis de merda "asegún" que de "galeguista". Parece certo que "se está a producir unha gran corrente de opinión en defensa do galego", e serán de agradecer as aportacións individuais dos membros do PSOE, como as de calquera outra persoa. Pero, dadalas circunstancias, e abusando da súa demostrada vontade quixera eu pedirlle que se preocupe menos da usar estas cousas como munición contra o PP -de quen mal ou ben sabemos onde está- e máis de endereitar o rumbo do seu partido -de quen sabemos que o 17 non estaba- Ten Vde. un cargo importante no PSOE, p.f. axude a convencela súa dirección e ó grupo socialista no Parlamento de Galicia de manifestar e manter unha postura clara, activa e efectiva. Pachi Váquez dixo palabras bonitas, como corresponde a unha ofrenda floral, que camuflaban unha fuxida. Disimule as formas algo duras que uso. É o momento.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers