Viernes, 19 de marzo de 2010 - 13:42 h
Xabier P. Igrexas
Membro de Galiza Nova
01-06-2009 22:58

Euroindiferenza?

2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

O paradoxo de que sexan precisamente as eleccións europeas as que menor interese parecen suscitar, cando se calcula que máis do 70% das decisións que nos afectan como cidadás e cidadáns proveñen das institucións da UE, e máxime cando é o Europarlamento, que imos elixir, a única instancia minimamente democrática da unión, non deixa de sorprender. Hoxe son as clases dominantes, as mesmas que teiman en amarrarse ao fracasado paradigma neoliberal, as que fomentan a indiferenza e o euroescepticismo. Dixen nalgunha ocasión que a actual concepción de Europa non é aceptábel. Porén, a oportunidade que para as clases traballadoras, e especialmente a galega, teñen estes comicios non debe ser desaproveitada.

A participación masiva nas eleccións do 7 de xuño, mediante o voto a opcións liberadoras e de esquerda, como a representada polo nacionalismo galego, é unha oportunidade excepcional para apostar pola construción dun novo sistema socioeconómico.

Non é polo tanto casual que se estea a fomentar a abstención, a sabendas de que clase representa a maioría social.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers