Viernes, 19 de marzo de 2010 - 13:54 h
Lois Oreiro
Xornalista
06-06-2009 00:20

Elixir colexio

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

O que máis preocupa estes días a miles de pais non é tanto a lingua que usen os seus fillos na escola como que non fosen admitidos no colexio que pediron. O exceso de demanda sobre determinados centros responde á sona e á boa opinión dalgún coñecido. Pero ás veces a sona non é máis ca un prexuízo socializado e a opinión "dos que saben" o seu simple eco. Así, os tópicos vanse reproducindo ad infinitum e os colexios bos sempre son bos e os malos sempre peores.

Poucos reparan en que a privada supedita a formación dos alumnos á preparación de probas que fagan quedar ben ao colexio. Ou que en lugar de sacar adiante aos rapaces máis frouxos, o que fan é botalos para quedar só cos mellores. Na pública mentres, hai vagos capaces de retardar a aprendizaxe da clase enteira.
Esaxéranse as virtudes e esaxéranse os defectos. O colexio de Vite-Santiago está mal valorado por acoller nenos con problemas. Eu fun alí e vin medios e mestres abondos, pero tamén pupitres baleiros: prexuízos a ir a clase cun neno xitano ou con cadeira de rodas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers