O ex-presidente do Goberno español, José María Aznar, criticou a 'imposición lingüística' que se leva a cabo nalgunhas comunidades autónomas de España, concretamente en Cataluña.
Pois mira ti, con esa pinta de aborregadiños tirados polo chan e sen ser capaces de aprender outra lingua que non sexa o español, e sen ser quen de facer dúas cousas a un tempo, dedícanse a rir de xeito bobalicón, como o feliz ignorante, mentres desprezan a cultura dun país no que non se impón o propio senón o alleo.
Máis penoso, se cadra, é o caso do Marianico, que tendo unha lingua e cultura propia e de prestixio como o galego, o dinamita sempre que pode, morde a man de quen lle dá de comer e fai, incluso, que xente que nunca simpatizou co PP, añore a D.Manuel en ver o que fai o díscolo discípulo Feijoo.
O presidente da Fundación FAES augurou que os cataláns acabarán facendo viaxes de estudos por todo o país se queren aprender correctamente a lingua castelá.
Pois depende de por onde viaxen porque hai pola ancha castela moito mal falar, nível máis baixo de lingua e literatura española dos que só teñen unha lingua para aprender, e moito laísmo, leísmo e lolailo, la lá. E non só acontece na xente de pouco estudo, que xornalistas das televisións estatais, e sen pudor ningún, din día si e día tamén: "la dispararon", "los niños que habían sido abusados", la pegaba", e un longo etc, que os ouvidos dunha galega atopa máis que "chirriantes".
En declaracións recollidas por 'Els Matins' de TV3, o ex-presidente español afirma que "unha persoa que recibe dúas horas de castelán á semana acabará os seus estudos sen falar o castelán".
Dúas horas á semana na escola, todo o día na televisión na inmensa maioría de canles, todo o día pola radio, todo o día pola prensa, todo o día... seguimos? E cantas hora é que lle fixeron ao JoseMari falta para lograr ese sotaque mexicano para falar con Bush ao Texano? e cantas outras para falar catalán na intimidade con Pujol?
"E terán que investir os pais, os que teñan recursos, a que vaia estudar a non sei onde. En lugar de ir a Londres a estudar inglés, irán a Albacete a estudar castelán", sentenciou.
Meu Deus, cada vez perde máis o sentidiño, tantas parvadas xuntas non dan máis que para unha risotada no chan.
>> Artigo publicado en www.mundogaliza.com