Viernes, 19 de marzo de 2010 - 17:25 h
Xosé Mexuto
Xornalista
12-06-2009 23:04

Émulos de McCarthy

4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

A caza de bruxas non acabou co senador Joseph McCarthy. Continúa en plena vixencia. Hai que acabar co disidente como sexa. Os que teñen todo o poder son insaciábeis e ven na formiga resistente un atranco intolerábel para os seus designios de dominio absoluto. Hai que esmagala.
Os maccarthystas de hogano son moito máis sibilinos que o pai fundador da súa relixión. Algúns deles mesmo van de progres e de avanzados, de modernos e de guays, aínda que, as cousas como son, falan sempre desde as alturas do seu Olimpo, cun elitismo estomagante, tan pagados de si mesmos que moven ora ao riso ora á conmiseración.
Teñen algo clarísimo: se hai que optar entre aliarse coa reacción pura e dura ou aparecer en segundo que compañías, optan polo primeiro, salvoconduto seguro para non perder comba nos salóns da boa sociedade e manterse vivos na tertulia de turno, o primeiro é o primeiro, sempre caen de pé, como os gatos, goberne quen goberne, aí os tedes, non se mollan nen baixo un trebón, banais sempre e, cando cómpre, venais.
Os que teñen todo o poder utilízanos e eles encantados da vida, a ensañarse cos de abaixo, cos de arriba, en troca, sempre os habedes ver cerimoniosos até a náusea, tal é a forma en que eles entenden o mantra ese de que hai que abrirse á sociedade.
Se es nacionalista e tes querencia polo legado de don Karl, entón xa estás na diana dos novos maccarthystas. Non argumentarán racionalmente nada contra ti: simplemente te descualifican, cando non te inxurian. Esta é unha pelexa a longo prazo. Estes herdeiros do fascismo norteamericano caerán porque no fondo detestan o pobo e o pobo, ao final, será quen máis ordene.

Bótalle un ollo ao blog de Mexuto

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Prefiro ser um funâmbulo que um linchador
Pedro Bravo
2009-06-13 19:46:22
Os animais si que estão “afincados” na realidade, na sua pobre realidade sem estrelas. O home é home porque pensa (a imaginação é um modo de pensamento) o possível (“todo é menos do que é, todo é mais”). E isto porque tem uma idéia do bom. Ou acaso não há “realidades” boas e “realidades” malas? Os apoucados que não têm a vigor para pensar por si próprios, e que em todo procuram a ganância, necessitam pensar que todos os homes se movem polos mesmos “resortes” para justificar-se a sua febleza. Mais Veritas EST índex sui et falsi. Não há que agardar nenhum futuro, todo o mundo está escolhendo em cada momento o que ele é. E isso é suficiente prêmio e suficiente castigo. Pois dizia “um certo adivinho” (palavras imortais): “não será o Daimon quem vos escolha, senão que vos escolheredes o vosso Daimon (...) A virtude, porem, não admite dono; CADA UM PARTICIPARÁ MAIS OU MENOS DELA SEGUNDO A HONRA OU O MENOSPREZO EM QUE A TENHA. A responsabilidade é de quem escolhe; não há culpa alguma da Divindade”. Para que VEJAS o absurdo dessa “realidade”: serias capaz de imaginar o “paraíso” capitalista? E depois rimo-nos do paraíso dos muçulmanos!
2
Realidade
PGU
2009-06-13 19:14:14
A realidade que indica que somos un país europeo na que hai unha maioría social que valora positivamente o estado de benestar, por exemplo. A realidade que indica que o comunismo en Europa Occidental móvese en torno ao 3%, polo que aínda nos queda que baixar. A realidade de que hai que facer esplícito o modelo alternativo para convencer á xente. A realidade de que a UPG escolleu un líder para exercer o liderado interno e despois promoveuno como se fose candidato a todo. A realidade que di que os sistemas comunistas remataron coa caída do muro de Berlín. Etc.
3
Cal realidade
Natalia
2009-06-13 14:53:09
Cal realidade? A de intentar sen conseguilo ir ao saco do PP e perder no propio. Prefires a dancing Quin?
4
Leninismo platónico
PGU
2009-06-13 09:52:36
A tendencia ao mesianismo da UPG xa roza o patetismo: o meu reino non é deste mundo senón dun futuro ideal no que o pobo impartirá xustiza. Os seguidores de Lenin combínano xa co idealismo platónico dado que os resultados electorais (9%) impide afincalos na realidade. El non sería mellor que abandonarades esa parafernalia comunista e tratarades de ver a realidade?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers