Lunes, 22 de marzo de 2010 - 1:41 h
Xosé Mexuto
Xornalista
15-06-2009 23:12

Política de esquerdas?

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

A frase fiscal de ZP, “baixar os impostos é de esquerdas”, xa sabemos o que significa. En 2006, o Goberno de Zapatero rebaixou o tipo máximo do IRPF, aquel que grava ás rendas máis altas, que pasou do 45 ao 43 por cento. Comezaba a política de baixar os impostos... aos ricos! Logo suprimiría o Imposto de Patrimonio: outro agasallo para as rendas altas. As vacacións fiscais de ZP para os sectores máis pudientes da sociedade pasaron relativamente desapercibidas porque a economía facía surf sobre a vaga do tixolo e o ortodoxo era afirmar que a frecha do PIB sería sempre ascendente. Mais o obxectivo é que a socialdemocracia española, en estrita aplicación do libreto de Rodrigo Rato, descapitalizou a Facenda pública, atentou contra os principios redistributivos de toda política fiscal progresiva e, ao pór máis cartos en circulación, contribuíu para quentar máis a economía, que inexorabelmente se foi dirixindo cara ao estoupido das burbullas inmobiliaria e financeira.

Na época das vacas gordas, os apoloxetas do sistema vibraban cos incrementos exponenciais do PIB. O fetichismo produtivista converteuse nunha nova relixión. O capitalismo neoliberal non volvería entrar en crise. Xa non urxía unha política fiscal que redistribuíse a riqueza, porque o crecemento da economía garantiría un salutífero reparto das ganancias entre capital e traballo. Aí cobraba todo sentido a frase de Zapatero. Podíanse baixar os impostos sen que os de abaixo sufrisen o máis mínimo. A máquina ía a todo trapo. O importante era non baixar o ritmo de acumulación, construír máis pisos, colonizar antes os sectores estratéxicos de Arxentina ou Brasil –das telecomunicacións á enerxía–, cousas dese tipo, e non tanto preocuparse sobre o agudo incremento das desigualdades sociais e rosmadas polo estilo.

Mais todo era unha ficción, todo era mentira. Nen se aboliran os ciclos económicos nin era posíbel continuar a construír máis moradas que Alemaña, Reino Unido e Francia xuntos. De súpeto o megacrack das finanzas. De súpeto o fantasma de 1929. De súpeto 5 millóns de parados no horizonte.

E que se lle ocorre facer a ZP para devolver musculatura á Facenda Pública? Pois nin máis nin menos que traizoarse a si mesmo e subir os impostos. Aquí tiña varias vías posíbeis. Podía ter optado por restituír a progresividade fiscal ao IRPF ou por restabelecer o Imposto de Patrimonio. Pero non: decide subir aquelas figuras impositivas que gravan por igual a todos os cidadáns, aquelas que fiscalmente non discriminan entre un inmigrante sen papeis e Emilio Botín. O mesmo Goberno que en épocas de bonanza fixo regalos fiscais aos ricos sobe agora os impostos indirectos: iso non é nada de esquerdas.

 

>> Bótalle un ollo ao blog de Mexuto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Coherencia por favor.
Galaicus
2009-06-16 16:14:21
Obama tamén defende unha práctica económica dende o catecismo comunista estatalizador que defende a UPG.? Que preconceptos ten PGU? Cando le, le o que está escrito?..... O que está a dicir o autor é algo tan evidente (dende a esquerda) como que os impostos indirectos son inxustos pois gravan por igual a todos os cidadáns, independentemente da súa renda. O máis progresista é a imposición directa progresiva en función da renda. Eliminar o imposto do patrimonio a quen realmente beneficia é ás grandes fortunas e a quen perxudica é a toda a sociedade. Por certo, Bill Gates criticou a Bush por eliminar este imposto. Tamén Bill Gates é un comunista estatlizador da UPG? Insisto: Que obsesión!
2
Coherencia, por favor.
PGU
2009-06-16 09:14:28
O comentarista fai un crítica socialdemócrata á práctica fiscal do PSOE. O malo é que o sistema que promove el baséase no leninismo e debería facer a crítica non desde a ortodoxia da esquerda democrática, coa que eu estou de acordo, por certo, senón desde o catecismo comunista estatalizador que defende a UPG.
3
capitalismo neoliberal
Galagara
2009-06-15 23:43:27
Gostaríame saber qué é para este autor exactamente o capitalismo neoliberal.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers