Martes, 09 de febrero de 2010 - 20:25 h
J. A. Añel Cabanelas
Investigador en física
16-06-2009 13:09

¿Chegou o momento?

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

Algo así rezaba un dos lemas da campaña do PPdeG nas últimas eleccións autonómicas. Por desgracia parece ser que non para todo. Ía ó lado da marca do axente 009. Boa falta fai, xa que o oscurantismo na recente compra de licenzas de Microsoft por parte da Xunta empeza a ser un caso digno de poñer a traballar nel o mesmísimo James Bond, e a saber se aínda así sacaríamos algo en limpo.

Téñense visto a estas alturas moitas opinións e pseudoexplicacións sobre o asunto. Maioritariamente se ten falado dos 2,2 millóns de euros que custou a operación, unha mera distracción do realmente importante.

¿Podería a Xunta ter aforrado estes cartos?, dificilmente; ¿pode ríase ter optado por cambiar a Software Libre?, con toda seguridade; ¿que iso esixe unha planificación a longo prazo?, sen lugar a dúbidas; ¿que faltou compromiso tanto na anterior administración como na actual e sobrou incompetencia e ineficacia por non prever esta situación?, quen sabe se non é o que se pretendía.

Unha das poucas verdades é que unha empresa que dificilmente repercute un euro en Galicia levou unha adxudicación millonaria de poñámoslle sobre tres Audis. Pero a Xunta so ten dereito a utilizalos, non é a propietaria, e dentro só pode ir unha persoa de cada vez.

Microsoft perdóalle a vida á Xunta e os galegos, permitíndolles seguir malvivindo escravizados polo seu software. Un software que inda por riba non asegura a privacidade dos nosos datos. ¿Que ocorre se Microsoft decide que non está interesada en vendernos as licencias? Sendo o único

provedor como se ten alegado ¿pasaríamos a ser uns delincuentes para que a Xunta non deixara de funcionar? ¿Que pasará cando a Xunta teña que renovar outras licencias? Se a empresa «x» que subministra o software «y» di que en lugar de 2,2 son dez millóns por algo que a eles non lles costa un peso ¿pagámolos e calamos?.

A Xunta e os seus responsables, cun sadismo incomprensible, sométense a unha escravitude autoimposta en lugar de usar software libre, e por que non, software libre producido en Galicia da máis alta calidade. ¿Qué opinaría Castelao co seu “Denantes mortos que escravos” deste novo tipo de escravitude a que se someten os galegos?

>> Juan Antonio Añel pertence á asociación fundada por Richard Stallman que promove o uso e desenvolvemento de software libre.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Plans de futuro
Paulo
2009-06-17 11:06:49

Para migrar unha infraestructura de software privativo a libre fai falla tempo e planificación. Estou de acordo co Sr. Añel. Pero o problema é que a Xunta nin tan sequera intenta facer isto, e ise é o verdadeiro problema. Non entendo moito de gobernar un país pero creo que sería bastante máis interesante gastar o diñeiro público en empresas que dean beneficio a ese país, e Microsoft non é o caso. Temos tres facultades de Informática e unha incipiente industria tecnolóxica. Non sería mellor tirar do noso sector tecnolóxico e non do de otros paises?

2
U-la estratexia?
Incomprensíbel
2009-06-16 14:45:52
O que surprende é como para estes neoliberais é un artigo de fe a libre competencia e chegan e facilitan o monopolio de software no canto de abondar no PEGSI e no desenvolvemento dun tecido próprio de empresas TIC na línia aberta por Mancomún no software libre e Blusens ou R na "nova economía".Como pretenden estimular a política de información con concesións coma ésta?Os sucesivos governos do PP foron incapaces de implementar unha política de información. A primeira vai ser o PEGSI e os informes diagnósticos de seguimento do OGSI: en base a que análisi, obxectivo, determinación de criterios de actuación lle está a dar a concesión á multinacional de Bill Gates?Que proxecto de e-governo ten o Feixoó? Como pensa a axudar ás empresas galegas ao reto da globalización? Como pensa atallar a fenda dixital?etc.
3
Sexamos obxectivos
revira
2009-06-16 14:01:59
O artigo está ben pero hai que ser máis obxectivo pois non se pode meter no mesmo saco a todos por igual: os tres partidos (BNG, PSOE, PP) gobernaron na Xunta pero os únicos que demostraron obxectivamente facer algo polo software libre foron os do BNG. De todas maneiras o importante é que estas cousas non se metan debaixo da alfombra así que moi ben para os que estades denunciando toda esta mafia polo exercicio democrático que facedes.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles