Domingo, 21 de marzo de 2010 - 13:12 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
18-06-2009 23:56

Nucleares non grazas

2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A preocupación polo cambio climático, e o remate da vida útil das centrais nucleares, está a servir de apoio ós que defenden este tipo de produción enerxética. Reclámase un debate social sobre o futuro da enerxía nuclear, reclamación que comparto, pero sen trampas. Debemos comezar polo principio, e recoñecer que a enerxía nuclear non nace unicamente para cubrir necesidades enerxéticas, nace principalmente para dar sustento á carreira armamentística da Guerra Fría. Este dato podería ser indiferente, pero non o é, porque, razóns estratéxicas e de seguridade esconden unha historia ruinosa en termos económicos. Non é certo, como se afirma que a xeración de electricidade con centrais nucleares sexa máis económico que por outros medios. O custo de instalación dunha nova central acada os 7.000 millóns de euros, mais que o custo de instalación de todo o resto de plantas existentes en España. E se engadimos os custos de mantemento, desmantelamento cando rematan a vida útil e os custos, ata o de agora indefinidos da xestión dos residuos, comprenderemos que as razóns do chamado “parón nuclear” teñen relación directa có fin da Guerra Fría e cós desorbitados custos deste tipo de produción eléctrica.

En relación á cuestión das emisións de CO2, dado que a enerxía nuclear xera menos do 20% da electricidade, pero queda ó marxe como emisor de CO2 todo o sector do transporte, para conseguir unha redución significativa das emisións teríamos que construír, a nivel mundial, 1500 centrais nos 60 vindeiros anos, contando as substitucións das que rematan o ciclo de vida e as novas. Dados os custes antes mencionados necesitaríamos, a nivel mundial, 10,5 billóns de euros. Todos estes recursos investidos en enerxías renovables, en mellora das redes de distribución, en eficiencia enerxética, en novos vehículos de transporte limpos, resolverían amplamente xa non a substitución da enerxía nuclear senón tamén a utilización de enerxías fósiles.

Outro problema grave é a chamada “proliferación nuclear”, en definitiva, o control a nivel global da utilización do material, da tecnoloxía e dos usos nucleares. ¿Cales serían as garantías de seguridade nun proceso de expansión nuclear a nivel planetario? ¿Que países poderían acceder a ela e cales non? ¿Porque? ¿Quen o decidiría? As interrogantes son moitas, máis ben son certezas negativas se miramos os casos de Irán ou Corea do Norte.

O presidente Zapatero é consciente de que o papel, a oportunidade de futuro de España, e tamén ó meu entender de Galicia, pasa por unha aposta firme, completa e decidida polas enerxías renovables. É a única posibilidade de ter independencia enerxética do petróleo, do uranio, ou do gas, e unha posibilidade certa de contar cun sector industrial competitivo a nivel mundial, contribuíndo ademais á redución de emisións de CO2. Non se trata de prescindir de ningún xeito de xeración dos existentes sen alternativa previa, senón de tomar a tempo as decisións que nos conduzan a un novo modelo enerxético, que por certo está directamente relacionado co anunciado cambio de modelo produtivo. Por último, o Parlamento Galego ten aprobada por unanimidade a desnuclearización de galicia, pero como se están oíndo voces que reclaman a instalación dunha nova central nuclear na nosa terra, deixar claro que co meu voto non contan.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
NUCLEARES NON GRAZAS ??
marusía
2009-06-19 20:27:45
NUCLEARES NON GRAZAS..., ísto berraba eu nos anos 70-80, pero desgrazadamente o Psoe, seguíu montando Nucleares,claro que tí deseguro que non te lembras,polo tanto eu seguiréi a berrar, NUCLEARES NON GRAZAS , Enerxías Alternatívas coma o que pretendíu levar adiante o BNG SÍ, pero outros a quixeron rexeitar, boa tarde, e grazas ao Conselleiro Fernando Branco pola súa labor, que co tempo daráche a razón, abofé que sí
2
Non dis nada
Galagara
2009-06-19 08:10:09
Non dis nada novo, nadie a estas alturas pensa que a enerxia nuclear é o futuro, de feito somentes é rendible grazas á inxente cantidade de subvencións que recibe (ou recibiu). Máis que isto non nos ofusque, se xa hai centrais funcionando e ainda lles queda vida útil, debemos empregalas, e non tirar cartos públicos, porque os muiños de vento son moi limpos, pero polo de agora tampouco son a panacea, e xa empezamos a estar fartos de ver todolos montes invadidos. Hai moito que facer, pero non nos vaiamos emocionar antes de tempo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers