Viernes, 19 de marzo de 2010 - 18:28 h
Xosé Mexuto
Xornalista
20-06-2009 00:02

Democracia-marketing

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

A democracia-marketing non abole os conflitos sociais. Pódeos tapar ou mesmo pódeos condicionar, pero non pode facelos desaparecer. Se o mercado monopolista –o mercado libre só existe na mente de Mariano– impón prezos de miseria aos gandeiros galegos, a democracia-marketing vese totalmente impotente para intervir porque hai moito tempo que ten abdicado das súas responsabilidades: é unha pura simulación teatral, o poder non está aí, está noutras mans. Se un plutócrata se enche os petos con millóns de euros públicos para supostamente refrotar unha empresa e logo o que fai é deslocalizar a produción para producir aquí máis paro e explotar man de obra barata no Terceiro Mundo, a democracia marketing limítase a encoller os ombros e entoar hipócritas ladaíñas sobre a conveniencia de que as protestas non perturben a ordenada vida do resto dos cidadáns, como se fose recomendábel ollar cara a outro lado mentres o dardo da crise non nos toque directamente. A democracia marketing é inseparábel do individualismo. Aguilloa os nosos instintos máis mesquiños. Que non nos pille un atasco de tráfico! Tanta manifestación e tanta gaita! Que non atronen os nosos finos ouvidos! A democracia marketing promove o sálvese quen poida como ética cidadá. Vende como moderno sermos Robinson Crusoe no medio das masas. Despreocuparse do colectivo. Non preguntar. Non querer saber. Encapsularnos na casiña e agardar a que escampe.

A democracia marketing válelles a eles, á inmensa minoría que controlan todos os resortes, pero non aos que somos a inmensa maioría. Temos que saír da cápsula e pensar que, como no poema de Brecht, os próximos en caer podemos ser nós.

 

>> Bótalle un ollo ao blog de Mexuto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Upegallos do mundo, extínguídevos
PGU
2009-06-22 14:07:49
Pauliño: Sempre dou argumentos. Defendes os réximes soviéticos e chinés, alá ti. Os cidadáns de por alí non pensan coma ti. Eu son de esquerdas e do que falas non é comunismo, é pura socialdemocracia. O que tendes que facer os da UPG é acomodar acción política cos vosos panfletos teóricos. Sería un baño de realidade e o primeiro paso para a vosa autoextinción.
2
fobia anticomunista e datos reais
Paulo
2009-06-21 11:49:54
O amigo PGU só aparece por aquí para deitar a súa bile anticomunista e atacar a persoas que libremente dan a súa opinión. Faino, sempre, sen nengún argumento, só deita descualificacións e tópicos na mellor tradición da dereita republicana estadounidense. Sobre o comunismo: tirou a Rusia e a China do feudalismo, industrializou eses países e os colocou á vangarda do planeta en materia científica e cultural. Sobre o capitalismo, hoxe hexemónico no planeta: é o responsábel de que un de cada seis seres humanos pase fame, é o responsábel da degradación dos recursos naturais, da depauperación de continentes enteiros. E non vaiamos só o Terceiro Mundo: é o responsábel da monstrosa desigualdade de rendas en Occidente, é o responsábel de 27 millóns de parados na Unión Europea.
3
Máis comunismo é a solución
PGU
2009-06-20 08:48:23
Os liberados da UPG teñen a solución: producir colectivamente sen ter en conta o mercado. Por fin, xa hai un programa alternativo! Pena que iso xa fracasase en Rumanía e Corea do Norte. Anímovos intensamente a que reinvindiquedes os réximes comunistas: a nosa agonía será máis breve.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers