Martes, 09 de febrero de 2010 - 16:38 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
16-11-2009 13:06

A soberbia

8 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

A pobreza destrúe a esperanza”, dixo Vicente Ferrer. Un de cada seis habitantes do planeta morre por falla de alimentos pero sen chegarmos ao extremo da fame, a pantasma da perda de poder adquisitivo e diminución dos recursos económicos para as familias vémola nestes días en Galicia. Vivimos un momento de especial dureza para tres dos nosos sectores produtivos estratéxicos: metal en Vigo, lácteo en Lugo e textil na Coruña. Ao tempo, as cifras do paro medran e as previsións macroeconómicas estiman o comenzo da fin da crise nun lonxano 2012.


Todo indica que no tempo que resta veremos reproducido o vixente modelo de guerrilla urbana, destrucción de alimentos, boicoteo á producción fabril e bloqueo empresarial, en sucesivos conflitos que se terán de dar ata que o ciclo xire e pasemos a outra fase que ninguén sabe con certeza como será. Urxe, neste contexto, estabilizar o mercado laboral na procura dun novo modelo productivo. Nun escenario mundial onde a tendencia á desigualdade aumenta exponencialmente, radicalizar a reivindicación sectorial é tan arriscado coma inxusto é o discurso depredador de empresarios autistas que non dan reparado nas consecuencias dos abusos cometidos polo capitalismo financieiro.


O afondamento da actual crise e o seguro aumento da pobreza debera alertar sobre a inoportunidade de plantexar conflictos en base a intereses corporativos porque ocultan outras situacións desesperadas e semella pouco atinado acudir a receitas de onte para patoloxías de hoxe. Sindicatos e empresarios libran en Galicia, nestes intres, unha batalla local que se enmarca nun conflicto global e debería terse en conta cando se está a negociar con métodos e argumentos anacrónicos e só útiles para desafogar a ira ou para manterse na ilusión de que algunha das partes gaña algo con enconar posicións e alonxarse do acordo.


“A soberbia nunca colle contra as paredes, sempre rebota”, dicía a avoa da miña amiga Pilar, que era da Baleira de Lugo pero que vos tiña moito mundo.

 

>> María Xosé Porteiro, xornalista e política socialista, inicia con este artigo as súas colaboracións en Xornal de Galicia e Xornal.com.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
bemvida
nete
2009-06-22 14:06:22
como vigués residente na corunha agradeço a escolha desta jornalista, que muitas vezes dí verdades como punhos. Fazia falta mais gente assi nos partidos nom nacionalistas
2
Saudos a Maria Xose Porteiro
Paco
2009-06-22 10:52:52
Parabens a Xornal por fichar a Maria Xose, que sweguro nos deleitara coa sua experiencia a pesar da sua xuventude.
3
moitos lectores
marise
2009-06-22 00:43:20
Supoño eu que xornal ten moitos lectores e xa sabemos todos que ten moitos periodistas colaboradores. Paréceme moi ben que Mª Xosé Porteiro escriba nestas "páxinas". Pois anda que non hai opinións controvertidas!!!
4
E Ourense?
Ximena
2009-06-21 18:29:47
Di vostede que vivimos un momento de especial dureza para tres dos nosos sectores produtivos estratéxicos: metal en Vigo, lácteo en Lugo e textil na Coruña... É certo, pero e de Ourense que? Xornal tamñén ten lectores en Ourense, eu entre eles.
5
Me alegro mucho
Maricarmen
2009-06-21 01:23:55
Pues eso, que me alegra mucho de que María José vuelva a escribir. Para mi es de las mejores periodistas de Galicia.
6
É do PSOE
Xosé Manuel L. O.
2009-06-21 01:22:08
Que eu saiba a señora María Xosé Porteiro di que é xornalista e escritora pero o que é é unha política de carallo pertencente ao PSdeG-PSOE. Esta señora que agora tanto lles gusta a vostedes no psoernal, jajaja, resulta que dende outubro de 2007 a abril de 2009 estivo á fronte da Delegación da Xunta de Torito en Bós Aires. Digo eu: é unha socialista na Galiza?? ou unha españoleira máis do PSOE xacobino?? A min que non me conten contos. Feitos.. Viva Galiza ceibe!!
7
Ollo co psoernal
Xurxo
2009-06-21 01:11:56
Eu sempre desconfiei diso que dicían de que xornal era moi nacionalista. Este "psoernal" é o que é, cada día + socialista. Ollo, porque a min alomenos podedes perderme. Esta señora Porteiro é do PSOE a tope!! NON me interesa nada o que di. Nadiña!! Menos mal que nos queda Paco Rodríguez. Galiza débelle moito e supoño que respetaredes iso alomenos.
8
María Xosé Porteiro
Sabela
2009-06-21 01:08:11
A miña felicitación a Xornal de Galicia por incorporar a firma de María Xosé Porteiro, que para moitas viguesas e vigueses é un símbolo da nosa modernidade, un sinal de progreso, unha muller comprometida. Noraboa, e benvida de novo a Galicia e tamén a Xornal, dise asi, non si?. E conste que eu non era lectora deste xornal, sereino agora grazas a que me avisou unha amiga do Calvario.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles