Martes, 09 de febrero de 2010 - 19:29 h
Xosé Mexuto
Xornalista
22-06-2009 22:11

O grande patrón

6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

O grande patrón acostuma comparecer en público con xesto airado. Non necesita asesor de imaxe: el non se apresenta ás eleccións. O seu aceno é sempre duro, a súa figura envarada,  a man esquerda sobre o atril, todos os dedos contraídos agás o índice, despregado como unha frecha ascendente, a dos beneficios multimillonarios do banco que el preside. Os gurús da comunicación dirían desta estampa que o grande patrón transmite o que ten que transmitir: a rotundidade do poder puro e duro, a frialdade intimidatoria de quen non está disposto a transixir, aquí hai que deixar sentado que onde manda patrón, non manda mariñeiro.


“Botín pide aos políticos que deixen mans libres ao Banco de España”, informa a imprensa sobre a comparecencia do grande patrón na Xunta Xeral de Accionistas do Banco de Santander. Mans libres para xestionar o Fondo de Reestruturación e Ordenación Bancaria (FROB) que o Goberno do Estado ten previsto aprobar en breve. 9.000 millóns de euros para levantar o sector financiero español, aquel que o ZP de antes da megacrise apresentaba como o máis solvente do planeta. Esta cantidade é cuspidiña á que o Estado está disposto a pór sobre a mesa para mellorar o financiamento das comunidades autónomas. Ou sexa: o Estado vai inxectar ao sector financeiro privado o mesmo orzamento que ten planificado dirixir a financiar os servizos que prestan as comunidades autónomas, entre eles os que dan sentido ao Estado do Benestar (Educación, Sanidade, Servizos Sociais). Nos mass media hexemónicos o debate xira arredor da suposta insaciabilidade dos gobernos autonómicos, mentres que apenas se ergue a voz para reflexionar sobre o uso que o capital financiero privado está a dar aos inxentes recursos públicos que o están a salvar da quebra.


O grande patrón dese debate non quere saber nada. O único que lle preocupa é que o Estado deixe facer ao inefábel Fernández Ordóñez para que este xestione os 9.000 millóns de euros do FROB. Se non estivésemos falando do destino dun billón e medio das antigas pesetas sería conmovedor que se nos apresentase a Fernández Ordóñez como un tecnócrata neutral, como unha sorte de robot sen entrañas. Si que as ten, e ben reaccionarias: este home é o que está a puxar por que se poña en marcha unha contrareforma laboral e se abra o melón da privatización das pensións, o que vosté mande, don Emilio.


A obscenidade do grande patrón ten unha vantaxe indiscutíbel: agora xa sabemos que intereses se agachan detrás dos que defenden como benéfica a independencia dos bancos centrais a respecto dos poderes democráticos. Son os intereses dun grande capital financeiro que non é que comunique ben ou mal, é que manda.

>> Bótalle unha ollada ao blog de Mexuto

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Me da igual
Polonia
2009-06-24 22:00:26
Totalmente de acuerdo con el articulista. No hace falta ser comunista para ver que está en lo cierto. No verlo es de ciegos. Y no entiendo por qué no se atiende a lo dice. Ese PGU es un rencoroso. No habla de ideas. Tira sapos por la boca y nada más. El enemigo chico es Botín... a no ser que te guste.
2
Ensoñacións
vizarallas
2009-06-24 12:32:53
Amigo Paulo, a ver si das unha volta máis na cama, caes e así espertas deses soños nos que vos imaxinades que algún día o mundo será comunista. ha, ha, ha...
3
pgu avanzando no reino unido!
Paulo
2009-06-24 08:12:52
E ti avanzando no Reino Unido, con ese British National Party, partido fascista, que obtén representación no Parlamento europeu. É a ultradereita que o teu pensamento representa a que avanza en Europa. É a ultradereita a que fai aparecer a Durao Barrroso como moderado e a que converte a Durao Barroso no candidato tamén da...socialdemocracia! Nada morreu en 1989. A historia non rematou con Fukuyama, amigo PGU, é o que agora está en crise en todo o planeta é o capitalismo, que acabará por ser superado, como o foron o feudalismo e o escravismo. E o que o virá a reemprazalo será o socialismo, modo de produción que os marxistas sempre arelamos.
4
Grandes parvadas históricas
PGU
2009-06-23 17:35:28
O comunismo fracasou en 1989. Desde aquela convertéstesvos nun anacronismo histórico que en Galicia posuídes máis poder do que vos corresponde. Agora estades no 9%. No resto de Europa occidental non chegades ao 1%. Ese é o camiño que levades e ao que levades ao nacionalismo galego, pel de año coa que vos disfrazades. Isto ímolo ver todos.
5
pgu significa people galician united?
Paulo
2009-06-23 14:11:26
PGU a bon seguro que é o acrónimo invertido de UPG. O comunismo sempre xerou, en reacción dialéctica, respostas fascistas. O primeiro campo de concentración construído polos nazis foi para o exterminio dos cadros e militantes do partido comunista alemán, naquela altura unha das organizacións máis poderosas da clase traballadora no mundo. PGU deberías bicar o chan que pisan os militantes e cadros da UPG. Non te explicas sen eles. Igualiño que Hitler non se explica sen Marx.
6
Paco nunca ri
PGU
2009-06-23 07:52:16
Igualico, igualico ca Paco Ro, o xefe da UPG, a quen lle debes emprego e soldo. Sempre mala cara, sempre xesto grave, sempre ollos cheos de ira. E iso que dicides que os resultados das europeas(9%) foron positivos. O que dis no artigo son as catro parvadas comunistas de sempre: a Guerra Fría rematou en 1989. O comunismo é un anacronismo e iso é o que vos fai antieuropeos, antisociais, antioccidentais, antiamericanos, etc. Repito, o comunismo é un anacronismo e persistir en análises comunistas levaravos á marxinalidade política completa.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles