Jueves, 18 de marzo de 2010 - 5:08 h
Xosé María Lema
Catedrático de Xeografía e Hi...
29-06-2009 20:52

Balbino resiste

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

O pasado 30 de maio, na compaña do ilustre galeguista Avelino Pousa (95 anos), acudín á Casa das Palabras de Vigo á presentación do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego (Edicións Ismael González). Coa presenza do propio escritor e Anisia Miranda, a súa dona, alí estivemos moitos dos que colaboramos neste libro-homenaxe. Eu colaborei cun traballo no que fago comparanza entre a escola de Balbino, dos anos corenta, coa de meu pai, da década anterior republicana (1931-1936), botando man dun caderno que dela escribira o meu proxenitor con nostalxia en 1937 cando só tiña 14 anos. As comparanzas saltaban á vista: mentres meu pai falaba con agarimo da súa escola, malia as carencias económicas que esta tiña, Balbino falaba da súa como unha escola deprimente e represiva; tan só a chegada dunha mestra nova –Eladia, da que se namora–, lle devolvera momentaneamente a ilusión.
Con motivo da redacción deste artigo volvín ler as Memorias dun neno labrego de Neira Vilas, que anos despois se convertería nunha das máis traducidas da nosa literatura. Todos sabemos case de memoria a forma derrotista e resignada de empezar as súas memorias o despois inconformista neno neiravilán: “Eu son... Balbino. Un rapaz da aldeia. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, probe. Porque da aldeia tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa”. Manolito era o refinado fillo do señor que lle tiña arrendadas as terras ó pai de Balbino.
Eu non sei se o presidente “noso” –el prometeu selo para todos–, Sr. Núñez Feijóo, leu algunha vez as Memorias do neno labrego (ao Conselleiro de Educación xa non me molesto en preguntarllo). Se as lese quizais non fixese o que está facendo coa lingua, non sei se propia del pero si dos seus ancestros; teríalle unha mingalla de cariño, pero ben se ve que non é o caso. Na pequena gran novela de Neira, o neno pobre, Balbino, sofre constantes abusos do neno rico, Manolito, “un rapaz moi limpiño que come pantrigo”. Nas liortas e tirapuxas que ten con el, Balbino ve con mágoa como incluso que o seu propio pai se lle pon en contra, porque Manolito “é o neno do señor e abonda”.
Acabo de ver na prensa esas enquisas preparadas polo Conselleiro de Educación para disfrazar o plan de exterminio do galego do ensino, para o que non lles doe gastar 200.000 euros nestes tempos de crise. Todo o mundo sabe que as enquisas foron pensadas e repensadas para xustificar o que se pretende de antemán: a morte súbita do galego. Saben moi ben que o nivel de autoestima de moitos galegos polo seu idioma é baixo e teñen por certo que se darán a feixes actitudes entreguistas coma a do pai de Balbino na novela –que defendía o fillo do señor e non o seu– se repitan.
Entón veume á mente o pobre Balbino e a súa escola da primeira época de Franco. Dicíase que o Goberno do Sr. Feijóo volvía co tratamento á lingua á etapa preautonómica. Non tal: retrocedemos setenta anos atrás ao primeiro franquismo, á longa noite de pedra dos anos corenta. Está claro que ao noso presidente só lle interesan os nenos dos señores e pretende recluír en guetos ou reservas aos Balbinos galegofalantes separándoos dos Manolitos castelánfalantes para que non os contaminen co seu acento... Só nos queda esperar se tamén haberá, nesta triste Galicia do apartheid lingüístico que nos espera, autobuses escolares distintos para nenos dun e outro idioma, e, no caso de aínda seren comúns, pregúntome se estarán obrigados os Balbinos galegofalantes a cederlles o asento aos Manolitos castelánfalantes.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Feijoolito
eumesmo
2009-06-14 11:25:06
Feijoo e coma Manolito, un Feijoolito

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers