Domingo, 14 de marzo de 2010 - 15:37 h
Xosé María Lema
Catedrático de Xeografía e Hi...
29-06-2009 20:52

Balbino: resiste!

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

A piques de chegarmos aos 50 anos das Memorias dun neno labrego (1961), de Neira Vilas, acaba de presentarse en Vigo o libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego, con 53 colaboracións. ¡Quen nos ía dicir que o Goberno galego, co seu propósito confeso de non dar no ensino ós Balbinos galegofalantes o mesmo trato cós Manolitos castelanfalantes, nos faría volver a unha situación dos anos corenta!

“Eu son Balbino. Un rapaz da aldeia. Un ninguén”. Vendo os títulos das colaboracións do libro, non poucos dos seus autores se sentían identificados coa vida do rapaciño da aldea de Gres, pero nun pasado moi remoto: “Eu tamén fun Balbino” (Pepe Carballude), “Cando eu fun Balbino” (Alfonso Eiré), “O vello Balbino” (Carlos Mella). Tan remoto, que cómpre remontarse xa á vida do pai: “Balbino é o meu pai” (Fernández Naval). Só un autor viu no presente a identificación (Lois Diéguez: “Eu son Balbino”), e tamén houbo optimistas que pensaron que todos os galegos eramos da confraría dos bos e xenerosos: “Balbino somos todos” (Torres Queiruga e M. Ferreiro). Sotelo Blanco foi máis prudente: “Moitos galegos tamén somos Balbino”. Con todo, quen atinou o destino que o presidente da Xunta parece ter reservado para os Balbinos foi Xesús Rábade: “Parias no mundo”.

“Porque da aldeia tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa”. O pai de Manolito era o dono das terras que traballaba o de Balbino, que era tan submiso cara ó amo que non defendía ó seu fillo cando este, rebelde, se arrepoñía contra os abusos do neno señorito. O noso presidente prefire os Manolitos e estórbanlle os Balbinos, do campo ou da cidade: ou entran polo aro e renegan da súa lingua ou son especie a extinguir. Para iso o conselleiro de Educación argallou unhas enquisas orientadas a xogar coa baixa autoestima idiomática de parte da sociedade galega; confía en que aínda quede moito pai balbiniano por Galicia adiante.

Hai días preguntabamos se nese non descartado apartheid lingüístico os Balbinos, no bus escolar, terían que cederlles o asento ós Manolitos... ¡Non, Balbino! ¡Nunca máis volvas ceder do que é teu! ¡Xa cediches abondo: resiste! ¡Coma en Alabama, Balbino, coma en Alabama! Que lles caia a cara de vergonza cando te veñan arrestar (expedientar). Que veñan arrincarte pola forza do teu asento lingüístico, como eles/elas arrincarían, se puidesen, ese innato acento galego que os/as delata. Balbino será o símbolo da nosa loita (pacífica, of course): a dos dereitos da maior creación colectiva do pobo galego, ese noso milenario idioma fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués (Castelao dixit). Será Balbino o abandeirado dos dereitos (lingüísticos) dos parias deste país, tal como a negra Rosa Parks o fora dos civís na Alabama de 1955, esposada e arrestada naquel noxento bus racista por non ceder o asento. A dignidade tamén senta cáthedra.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers