Domingo, 21 de marzo de 2010 - 6:02 h
Xosé Mexuto
Xornalista
29-06-2009 23:18

Honduras

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

O frío metálico do fusil contra o seu peito faino acordar no medio da noite. Berros enxordecedores. O cuarto tomado por soldados de asalto. O presidente, en pixama, é arrastrado pola casa adiante por botas militares, cara ao exilio. Este episodio con cheiro a pasado é quizá un bo argumento para que Gabo volte a tomar a pluma. Ao mesmo tempo que Europa vira cara á dereita, Suramérica faino cara á esquerda. Honduras estaba a piques de subirse á vaga bolivariana, mais a oligarquía non adoita poñer as cousas fáciles: tamén Chávez tivo que derrotar a ameaza golpista. Un presidente constitucional en pixama ten, en todo caso, moita máis dignidade que un exército de gorilas fascistoides ao servizo da plutocracia.

“Eu pensei en facer os cambios dentro do esquema neoliberal. Pero os ricos non ceden un penique. Os ricos non ceden nada da súa prata. Todo o queren para eles. Entón, loxicamente, para facer cambios hai que incorporar o pobo”. Palabras do presidente Manuel Zelaya horas antes de que os milicos asaltasen a súa residencia. Zelaya non é un revolucionario. É un político de extracción oligárquica, pero é un patriota, alguén que non mostra indiferenza ante as condicións de vida das clases populares. Foi electo como candidato do Partido Liberal e foino coa intención de moverse dentro da ortodoxia bempensante. As elites non lle deron marxe ningunha ao seu proxecto reformista, así que acabou optando polo pobo. Zelaya ten a lucidez suficiente para chamarlle as cousas polo seu nome. “Por que ficou vosté tan só, presidente?”. “É que estamos a falar do Estado burgués”, responde. Vaites, vaites, aquí aparece a vella terminoloxía, nada obsoleta porque serve para designar realidades non superadas pola historia (por moi posmodernos que nos poñamos, a Lei de Gravitación Universal tamén é unha vella terminoloxía e tampouco ficou obsoleta). E que é o Estado burgués? “O Estado burgués compóñeno as elites económicas. Están nas cúpulas dos exércitos, dos partidos, dos xuíces e ese Estado burgués se sente vulnerado cando eu comezo a propor que o pobo teña voz e voto”.

Como nos ensinaban os clásicos, ese Estado recorre ás armas cando non lle queda outra. A democracia, o poder do pobo, non é compatíbel co programa neoliberal. Antes de ser deposto pola forza dos fusís, Zelaya expresaba a súa vontade de tentar convencer aos oligarcas de que o seu proxecto non ía contra ninguén: “Teñen que comprender que a pobreza non se acabará até que as leis non as fagan os pobres”. Este golpismo extemporáneo e grotesco está condenado ao fracaso porque o pobo de Honduras está con Zelaya. Que non o dubiden: máis cedo que tarde, os ricos terán que ceder parte da súa prata.

 

>> Bótalle un ollo ao blog de Mexuto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Vivan os cornos do demo!
Xan Fernández
2009-06-30 16:54:08
PGU: Entón cre vostede que os golpistas de Honduras asumen os postulados da esquerda democrática ou é que non lle cae ben o articulista?... nin o BNG, nin os comunistas, nin o demo con cornos...Seguro que Vd sabe o que é a socialdemocracia? E deixe a Lenin en paz que non ten nada que ver nin coa UPG nin con Zelaya nin con vostede.Instrúase...se quere, por suposto.
2
vale
suso da vaka
2009-06-30 13:22:32
o pobo de honduras apoiado por un teniente coronel paracaista e golpista: chavez. ainda o recordo ca sua pucha morada, no asalto a un cuartel e o seu desprezo as autoridades lexítimas e democráticas. agora é dos nosos.
3
Gravitación universal comunista
PGU
2009-06-30 00:47:35
A aceptación dos réximes democráticos por certos comunistas aínda é unha cuestión pendente. Fale vostede da ditadura do proletariado ou asuma os postulados da esquerda democrática. Non fale desde a socialdemocracia e despois milite nun partido leninista. Así lle vai ao BNG con esa coherencia que manifesta a UPG.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers