Jueves, 11 de marzo de 2010 - 4:44 h
Antón Reixa
Artista e escritor
29-06-2009 23:18

Unha nova linguaxe

6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 11 voto/s

Fálase de renovación no nacionalismo galego. Os desa-fíos non son só organizativos. É unha cuestión de ideas e de comunicación coa sociedade. O que está en cuestión non é se o BNG é máis asembleario ou menos, en todo caso, terá que ser unha organización tan respectuosa coa democracia interna como eficazmente executiva. Pero volvamos ás ideas. Estes días está en primeira liña a defensa da lingua. Cómpre un novo discurso a prol da normalización do galego: que teña en conta que xa non se vai verificar unha Galicia monolingüe en galego e que debemos reclamar discriminación positiva para que o bilingüismo sexa real e Galicia un país de políglotas. Debe ser unha reivindicación de toda a cidadanía a favor da diversidade e da ecoloxía lingüísticas.

A cultura. Letras Galegas: Novoneyra ou Carvalho? Son os dous figuras prominentes e meritorias pero seguro que a xuventude identifica mellor a lingua na música, o teatro, o audiovisual e a nova literatura. Cultura vinculada ao lecer. Lingua e cultura son elementos esenciais da autoestima.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Un chanzo máis na substitución
Eu
2009-07-01 10:54:46
Os meus parabéns ao Reixa por unha traxectoria profesional valente e nídiamente galega mais non podo acreditar como correcto que pretenda sentar cátedra no eido da sociolingüística. Desgrazadamente este eido está aberto a que todo o mundo sexa experto, de igual xeito que no fútbol. Critico que o faga o Blanco Valdés e coherentemente tamén neste caso. O que o Reixa propón é asumirmos a consolidación dun outro chanzo no proceso de substitución do galego polo castelán. Sei que non o fai con má intención mais o resultado é o mesmo. Só teremos futuro como galegos téndomos ou aspirándomos a unha sociedade na que sexa o galego quen ocupe os espazos e usos que ocupará finalmente unha sóa lingua. Cal?
2
Para manuel dias seijas
nostrus
2009-06-30 19:55:18
Concordo con vostede sr Seijas, ser galego e un compendio de todo xunto. Si non se fai asi, deixaremos de ser autenticos
3
Hai Fidalgos e fillos dalgo...
Erasmo
2009-06-30 17:07:13
Non sei se serei máis ou menos cínico cá moitos o que sí sei é que algúns quedades encantados cando vituperades ó rival sen máis argumentos dos que podera ter un cocho fozando na merda...! Nin eu son numerario de GB nin a Liberdade Lingüística é algo que se poda botar ós pés dos cabalos! Algúns seica NUNCA APRENDEN e seguen teimando con Repúblicas Imaxinarias que nunca van ver feitas REALIDADE! ¿Por que non podemos debatir e discrepar en paz? O pobo galego é máis listo do que moitos pensan... lástima non aproveitar este Capital! Galegos somos TODOS!
4
Erasmiño, Erasmeu, Erasmon...
fidalgogaliza
2009-06-30 12:50:41
Pero que cínico es amigo Erasmo. Un galicia bilingue coma ti acusando de politizar a lingua. Apropiadevos do galego e non deixedes só en mans dos nacionalistas galegos. E dá as túas aulas en galego sen pedir pasta que vexo que tes competencia suficiente, non si Erasmo?
5
Dende hai séculos.
manuel días seijas
2009-06-30 10:55:10
Hai moitos séculos que falamos as dúas linguas, temos historia, esto non é de agora nin de fai 100 anos. Maduremos xa como Galegos e respetemos a nosa terra con todolo que esto conleva, non é proprio que nos comportemos como "non galegos". A identidade dun pobo non se pode perder, e nos xa perdimos dabondo, ¿non si?
6
Lingua e cultura deben camiñar xuntas...
Erasmo
2009-06-30 01:35:18
Efectivamente Antón, ese debera ser o camiño dunha Cultura Galega do Século XXI. Haberá que remexer os privilexios de moitas Institucións Decimonónicas gobernadas por Nacionalistas que fixeron delas o seu Feudo Privado (Consello da Cultura Galega e outras moitas que seguro coñeces moito mellor ca mín). ¿Crés que haberá xeito de mover da poltrona a tanto estómago agradecido? Eu penso que deberamos TIRAR CARA ADIANTE! Instalarmonos en galego non é andar a mendigar esmolas (o galego ten forza suficiente como para se INSTALAR na Cultura Galega se o deixan facer sen POLITIZACIÓNS ESTÚPIDAS!) Pero Paco Rodríguez e outros moitos seguen a turrar da mesma corda! Así morreremos de Enchenta!!! Esquécete de discriminacións positivas... NON SOMOS MAPUCHES !!!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers