Viernes, 19 de marzo de 2010 - 5:56 h
Xosé María Lema
Catedrático de Xeografía e Hi...
29-06-2009 23:16

Quitarlle a auga ao peixe

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 19 voto/s

As medidas agresivas do Goberno galego coa lingua galega dannos pé a que, sen buscalos, nos xurdan paralelismos históricos que se corresponden máis con momentos escuros e opresivos da historia que cos felices e positivos.

Pero a historia ás veces tamén parece facer malas xogadas, xuntando nun mesmo lugar persoeiros de épocas distintas con actuacións semellantes. Hai uns días Xornal de Galicia falaba da clausura do curso académico que o conselleiro de Educación fora facer ó colexio de Ribadavia da súa infancia, onde non fora moi ben recibido. ¿Será un capricho do destino que este colexio leve o nome de Fr. Tomás de Lemos, un frade dominico cuxo maior mérito fora o de formar parte do tribunal da Inquisición que en 1633 obrigara a Galileo a abxurar da razón científica e aceptar os ditados do integrismo ignorante? Hai ‘glorias’ que é mellor fuxir delas coma do lume, pois un non quixera quedar marcado na historia coma este frade por aplicar contra a lingua dos seus ancestros métodos intimidatorios doutras épocas, que darán como froito un país máis intolerante e máis inculto. Eppur, si muove!, por se serve de aviso, non sobra lembrar unha vez máis o que balbuciu o astrólogo pisano tras a súa adxuración forzada.

Pero a situación actual do acoso gobernamental á lingua propia tamén nos retrotrae a tempos máis achegados, coma a guerra de Cuba. En 1896 o Goberno español enviara ó xeneral Valeriano Weyler á colonia caribeña para combater os mambises ou independentistas, en substitución do tamén xeneral Martínez Campos, que fora acusado de pacifista (recomendara unha autonomía para a illa para conter os rebeldes). O novo militar, mesiánico, garantía unha solución radical ó problema: “Se trata de quitarle el agua al pez”, afirmaba. E o método utilizado foi a chamada Reconcentración: “Todos los habitantes [de Cuba] en los campos o fuera de la línea de fortificación de los poblados, se reconcentrarán en los pueblos ocupados por las tropas”. Milleiros de cubanos foron obrigados a abandonaren os seus fogares, as súas propiedades e ‘reconcentrarse’ na Habana e noutras cidades, onde, privados do seu medio de vida, uns morreron de fame e outros malviviron de esmola. Weyler incluso ordenara queimar prósperas plantacións agrícolas, porque, arruinando a agricultura cubana, quitábaselle o sustento ós guerrilleiros: a auga ao peixe. Pero esta salvaxe medida tamén exterminou a terceira parte da poboación rural da illa e provocou unha sonada campaña internacional contra a brutalidade española. Consecuencia: os mambises viron multiplicados os seus membros, pois moitos campesiños preferiron arriscar a vida na loita que morreren de fame.

Agora vemos como o Goberno galego está levando a cabo un maquiavélico plan de quitarlle a auga, o alimento, á lingua e á cultura galegas, non só no ensino, senón tamén nos medios: xa eliminou a esencia do programa musical da Radio Galega ‘Aberto por Reformas’, ‘Libro Aberto’ na TVG, etc. Hai graos de xenocidios, certo, pero teimar en matar unha lingua non deixa de ser un deles, pois agrede os sentimentos máis profundos. Aquel xeneral xenocida pasou á historia coma “el carnicero Weyler”. Hai gobernantes nosos obcecados en seren recordados coma “carniceiros da lingua”. En todo caso, convén lembrarlles que as medidas extremistas adoitan producir o efecto contrario, e ó mellor acáballes saíndo a cadela can, as contas furadas ou –coma ó militar– o tiro pola culata.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Esclarecendo á Parede
Pedro Bravo
2009-07-01 17:30:01
O de “nunca tivo tantas... como nos últimos decênios”: primeiro, o contexto histórico mudou (e como!), nom se pode estabelecer comparancas lineais, simples. Em qualquer casso, comparadas com as recebidas polo castelám chamam-se migalhas (o singular tamém respeitaria a concordância). O Estado (porque se trata de todas as instâncias: executivo, judicial, etc.) nom cumpriu com a obriga constitucional do “especial respeito e proteçom”, trás consagrar a dissimetria com o castelám. A “sociedade”, entre a avidez do lucro imediato, o apoucamento absorvido baixo o assovalhamento secular, e a ignorância pura e simples, nom só nom estimulou o galego, senom que estigmatizava qualquer medida significativa que nom o tratasse como umha simples curiosidade folclórica. Umha língua necessita um contexto de uso que a faça viável: nom só se deu renda solta aos médios de comunicaçom em espanhol, mesmo se chegou a sabotar (com o silêncio) a solicitude de que viram em aberto as televisons portuguesas. Até ai chega a sua covarde mesquindade.
2
antonio
antonio
2009-07-01 10:35:23
Xa, pero a pregunta sigue a ser si o galego, que nunca tivo tantas facilidades e tantas axudas como nas últimas décadas, porque retrocede?
3
Somos quen e imos facer
Francisco López
2009-06-30 08:01:39
D. Xosé María da no cravo, a dereita española (castelá-madrileña) xenofoga ca lingua está a facer de novo Torquemada (gran inquisidor e confesor de Isabel la Católica). Mais un pobo, so ten futuro cando se sobrepón, como ben fixeron os cubanos da inxustiza castelá, e eiqui cumpre ser QUEN e FACER en galego,queira ou non Feijoo-Torquemada,

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers