Sábado, 20 de marzo de 2010 - 20:48 h
Xesús Veiga Buxán
Profesor e político
01-07-2009 23:02

Sen argumentos

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Coñecida a traxectoria histórica histórica do PPdeG, non resultan convincentes as argumentacións empregadas para xustificar a supresión da gratuidade universal dos libros de texto. Semella que a nova Consellería de Educación pretende dar unha lección de coherencia progresista ao goberno bipartito e, de paso, ofrecer unha demostración practica do que debe ser a verdadeira xustiza distributiva na utilización dos recursos públicos.

Defender a correlación entre o acceso gratuíto aos libros e o nivel de renda das familias tería unha credibilidade igualitaria se, ao mesmo tempo, houbera unha defensa explícita dunha alternativa tributaria progresiva que permitira incrementar a recadación de ingresos públicos nos segmentos sociais de mais riqueza relativa.

A congruencia redistributiva esixiría, ademais, coñecer o uso alternativo dos recursos que se van aforrar con esta medida para poder certificar a verosimilitude da mellora na calidade do catalogo das prestacións educativas públicas. Porque se a opción elixida fose reforzar o peso específico do ensino concertado estariamos ante unha consolidación das vellas desigualdades do período fraguista.

En todo caso, o goberno Feijóo desconsidera a evidente vinculación existente entre o volume do gasto educativo das familias e a posíbel modificación da actual evolución demográfica. Os incentivos á natalidade desapareceron, neste caso, da abondosa axenda retórica dos actuais xestores instalados en San Caetano. Tal vez porque, dende o 20 de abril, utilizan tal sobredose de tacticismo cortopracista que os seus dedos xa non saben onde está a lúa e fican sinalando os pes.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers