Viernes, 19 de marzo de 2010 - 18:35 h
Xulio Rios
Director IGADI
01-07-2009 23:02

Un golpe desafiante

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

A complicada situación política que vive Honduras tralo golpe do 28 de xuño está poñendo a proba o mecanismo endóxeno de estabilización da rexión, baseado na mediación colectiva e na busca de solucións no marco constitucional, calquera que sexa o sistema político de cada país ou a magnitude da crise ou conflito. A rápida reacción da OEA, do Grupo de Río e outras instancias rexionais e a contundencia das súas declaracións constitúe a mellor receita para illar o golpismo e recuperar a normalidade do proceso democrático no continente. Non deberiamos contemplar outra opción alternativa.

Pero o acontecido ven a demostrar ata que punto a cultura do golpe de Estado segue presente entre as clases dirixentes de Honduras (e poida que tamén na doutros países da rexión), esa alianza caciquil e perversa entre o poder económico-político tradicional e os círculos castrenses que podería dar máis desgustos en países próximos (de Bolivia a Ecuador, por exemplo) se a acción de Honduras colleita algún tipo de éxito por mínimo que sexa.

Argumentar a celebración dunha consulta popular, informal e non vinculante, como razón de peso para un golpe militar resulta un absurdo insostible e ilustra a fraxilidade democrática do país. Non se perdoa a Zelaya (quen reiterou que non aspiraba a presentarse á reelección este ano) nin o intento de reforma constitucional nin, sobre todo, a súa aproximación ao chavismo (integración no ALBA, Petrocaribe,etc.) evidenciando unha clara e resucitada confrontación aberta entre a dereita e a esquerda de claros tinguiduras xeopolíticas. Barack Obama, referente clave nesta situación, debe ir máis alá das palabras para desvencellarse dunha trama que estende o manto da sospeita sobre Washington, reiteradamente minguado na súa influencia na zona. A orientación económica e xeopolítica da Honduras de Zelaya era un dato preocupante para a Casa Branca.

Non se pode resolver un conflito político botando man das armas por temor á máis mínima apertura dos espazos democráticos. Compre defender o proceso democrático sen fendas de ningún tipo. Non se poden cambiar as leis a golpes de fusil, senón modificándoas a través do debate público e a sanción institucional. Ese, a fin de contas, era o camiño marcado por Zelaya.

O desafío que ten ante si Honduras é o mesmo de toda América Latina: elixir entre a vía do cambio político progresivo na dirección que sexa pero por métodos democráticos, ou volver ao tempo das repúblicas sombrías e represivas. Agora mesmo, as complicidades evidentes do golpe cívico-militar deixan o país sen actores sociopolíticos democráticos nos que sustentar a recuperación da normalidade sobre bases minimamente cribles. Ese dano á institucionalidade non ten volta atrás. O golpe, quizais aínda si.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers