Domingo, 21 de marzo de 2010 - 14:14 h
Encarna Otero
Historiadora
01-07-2009 23:02

Tempo de cereixas

2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

“Sempre amaremos o tempo das cereixas” di o poema feito na lucidez e ledicia da Comuna de París e convertido en cantiga-símbolo da revolta obreira da dignidade e do traballo até hoxe. Como, ademais, coincide co verán, época en que este froito de alegría e cor de sangue abroia en moitas árbores, coido pode ser un bo símil para cavilar colectivamente do que hoxe ocorre en Galiza, en Europa e no mundo.

No sector do metal en Vigo, capital económica e de traballo de Galiza; no sector agrogandeiro, simbolizado neses tractores que percorreron e percorrerán as rúas de Galiza e de Bruxelas; no sector da confección, tomando como exemplo esas traballadoras de Caramelo están en loita; eses homes e mulleres, coa súa folga e mobilización , a súa esperanza e a súa dignidade reivindican e defenden algo tan importante como o dereito ao traballo e á súa retribución xusta. Son un símbolo de vida fronte a tanta miseria, a tanta corrupción que o diñeiro está a ocasionar no mundo. Diñeiro, claro está, especulativo; diñeiro negro causante da crise do capital financeiro que agora queren que pague o mundo do traballo, é dicir, a clase traballadora.

Porque, se ben certo é que o modelo globalizador inventou no capitalismo, para ter máis beneficios, a deslocalización, a precariedade, o contrato lixo, etc., tamén o é que a causa fonda e primordial desta derrama de tanto diñeiro está nas grandes entidades bancarias, nos investimentos especulativos, nos paraísos fiscais e, polo tanto, nun comportamento de soberbia e despilfarro do capital financeiro. A recente condena ao especulador estadounidense Madoff polos seus timos, que tanto dano fixeron en persoas confiadas, reconcilia un pouco a confianza na xustiza. Mais ben certo é que cómpre recuperar o valor do traballo e, para iso, os conflitos na defensa dos postos de traballo que neste momento están a levar traballadores e traballadoras na Galiza se resolvan cunha negociación xusta que permita o mantemento do tecido produtivo, dos postos de traballo e de salarios xustos e dignos. É imprescindíbel que o poder político, é dicir, o Goberno teña un papel activo na defensa das reivindicacións do mundo laboral como mediador.

Recuperemos, pois, o tempo das cereixas, de loita, de esperanza e de fartura para que, nunca máis, Galiza viva con miseria e pobreza.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
A división non é boa cousa Encarna
Erasmo
2009-07-02 22:41:23
Hoxe lin nos medios que cando os manifestantes do Metal chegaron a Santiago os da CIG increparon ós de CCOO e UXT, seica porque consideraron que eran BLANDOS e querían romper a Folga (que xa dura 21 días). ¿Será que detrás desta folga existen outros intereses? Este xesto foi minimizado polos dirixentes da CIG mais supoño cá Patronal daríalle folgos... UNIÓN SINDICAL sí pero con coidado! Non están os tempos para xogar co emprego da xente Encarna! Veremos como remata a festa...!
2
Le temps des cerises...
Erasmo
2009-07-02 02:25:07
Fermoso tempo no que homes e mulleres xuntaban forzas para conquistar un Mundo Novo... Ogallá houbera máis coma tí Encarna, dignos e traballadores na clase política... Mais non é así, e cicais algúns sindicalistas teñan outros intereses máis aló da negociación do metal... Ogallá resolvamos o conflito laboral... seica son moi novos estes traballadores como para saber do que falas... Aquel METAL é hoxe outro metal... (?) Ese é o problema Encarna...!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
Otros artículos de Encarna Otero
publicidad
Publicidad Best Sellers