Domingo, 21 de marzo de 2010 - 20:14 h
Xornal de Galicia
03-07-2009 23:23

Diálogo social roto

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A reunión da mesa negociadora do diálogo social con-verteuse o xoves nunha sucesión de arrebatos. A patronal recorreu de novo ao seu ‘contrato de crise’, os sindicatos mostraron o seu malestar abandonando a sala e a representación da Moncloa non soubo como manexar a situación. O resultado final é que hai unha rotura entre as partes para resolver un diálogo social demorado durante meses. Entre as causas deste conflito atópase a volta da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) a súa oferta máis agresiva e unha mediación do Goberno máis proclive ás pretensións dos empresarios que ás dos representantes dos traballadores.

O diálogo social está, xa que logo, nun punto moi complicado. Os sindicatos eluden falar abertamente de folga xeral pero pola boca pequena aventuran “conflitividade social” se a patronal mantén os seus posicionamentos e se Moncloa non evidencia nos encontros o que manifesta José Luis Rodríguez Zapatero nos mitins. Aos sindicatos non só lles molesta a postura da patronal, que se limita agora a intentar poñer en marcha a súa oferta máis agresiva, mentres as dificultades das empresas fan que teñan que botar man de despidos, as veces moi custosos no contexto no que estamos. Contra o seu abaratamento sempre se mostrou contrario Zapatero, pero durante a reunión o representante da Moncloa limitouse a aceptar os puntos da patronal. Esta situación pon en evidencia que a crise económica en España está a chegar ao seu límite, con consecuencias sociais cando menos inquietantes, e tamén reflexa que urxe un gran pacto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers