Martes, 16 de marzo de 2010 - 15:29 h
Ana Rodríguez Martí
Xornalista
03-07-2009 23:24

Operación Audi

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

CARTAS DE PAÍS A PAÍS

-Rexionalista Benito: Cun motor “libre de impacto” e un cárter de aleación, o primeiro Audi da historia xa naceu, alá por 1901, innovando na industria automobilística. Afeito ás intrigas empresariais, nunca imaxinou sen embargo o seu creador, un tal August Horch, que a súa marca acabara converténdose, primeiro, en instrumento político e despois, no terceiro argumento que máis lembran os galegos da campaña do 1-M despois da crise e do paro, segundo a enquisa do CIS. Catro meses despois das eleccións, os catro aros continúan acaparando a axenda do goberno. “Operación Audis” chámanlle.

Como o cidadán está maioritariamente convencido de que os políticos sempre andan a sacar proveito persoal –do “Sultán de Monte Pío”. E dado que o paisano común só queda co titular –e calquera manipulador profesional sábeo–, seica nunca saberá que dous dos tres coches blindados e dezaoito dos vinte convencionais que agora pon á venda a Xunta mercáronse, en realidade, con Fraga en San Caetano. Posiblemente a arte da demagoxia impedirá que cheguemos á conclusión de que austeridade, pouca, porque eses vehículos malvendidos terán que ser substituídos por outros do trinque.

Por todo isto, todo simple mortal crerá tamén que os do PP e os do BNG son uns perfectos mangantes só con botar unha ollada ao xornal que contou en febreiro que varios actos do Xacobeo 2004 adxudicáronse a firmas creadas “ad hoc” e que agora conta que os nacionalistas contrataron moito ás mesmas empresas. Sen máis. Sen indicio nin sinal de falcatruada algunha.

-Entusiasta Vicetto: Aquí en Madrid a actualidade anda protagonizada por outro caso baleiro de probas e imputacións: as supostas actividades pesqueiras de balde do xa ex director do CNI. É posible que o conto quede en nada, sen embargo, o xornal que “destapou” as denuncias –por suposto anónimas– anima aos seus lectores a facer sangue, a opinar: “Que le embarguen todo”, “que le metan cadena perpetua”. Claro que no mesmo foro xornalístico alguén pregúntase “¿y Bárcenas, y Camps?¿Dimitirá el señor Rajoy si son hallados culpables?”.

P.D: Horch (Audi en latín) si dimitiu da empresa que el mesmo creara. Pero por desavenencias, non por calumnias.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers