Lunes, 22 de marzo de 2010 - 3:11 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
03-07-2009 23:24

Entre Sísifo e o cuco

8 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 17 voto/s

É ben certo que a derrota é orfa. Nos últimos tempos sucédense declaracións de dirixentes do nacionalismo que, se un tivese perdido a memoria, pareceríanlle feitas por excluídos e marxinados da dirección do BNG dende hai moito tempo. Pero resulta que non. Son os mesmos que encabezaron as listas electorais en 2005, ocuparon as carteiras máis importantes durante a anterior lexislatura, volveron encabezar as listas electorais en 2009 e seguen ocupando os postos máis sobranceiros no Parlamento de Galicia e na executiva da organización e... resulta que todo o que pasou non tivo nada que ver con eles. Pois ben, amigos, temos un problema. Ou ben o principio de realidade colleu xa vacacións ou o síndrome hibris fai estragos. É lexítimo ser teimudo e perseverar na defensa do que cada un considere oportuno. Máis non é razoábel retorcer os dados da realidade ou construír os dados que debuxan a realidade querida para “sostenella et non enmendalla”. Tampouco é lícito fuxir das propias responsabilidades cando un as tivo e as exerceu. Ou intentar reconstruír a realidade para evadilas. Os proxectos políticos non se xustifican con estatísticas, xustifícanse con proxectos estratéxicos ou con votos, e mellor se é cos dous a un tempo.

Tampouco é de recibo que alguén pretenda colonizar un proxecto político para sobre as súas bases construír outro substancialmente diferente. E menos recorrendo á vacua invocación a “novas ideas” que nunca se enuncian. As ideas non chegan soias, ou se teñen ou non. A menos que por novas se entendan as rexistradas por outras marcas.

É lexítimo e, desde o meu punto de vista, sería moi positivo que existise un partido político de centro nacionalista. Mesmo aínda que fose rexionalista. Pero o que non é posíbel nin positivo é desarborar un proxecto político cun perfil que lle ven dado pola súa historia e pola base actual que representa –que non é só a organización político-electoral– e pretender deixar a eses sectores sociais sen o seu instrumento político. Pode ser o máis cómodo para algúns a curto prazo pero a medio prazo nin para eles é positivo. Se alguén conseguise levar o BNG ao centro (rexionalista) gozaría dunha certa inercia electoral inicial que lle permitiría arrancar cun certo limiar de votos pero esa historia ía pesarlle durante moito tempo como unha rémora para atraer a un electorado que hoxe ve ao BNG como un inimigo.

Desde logo, será nefasto para os que quedasen sen proxecto e tiveran que empezar de novo, despois dunha profunda frustración. Non sería o primeiro caso. Velaí o eterno traballo de Sísifo das forzas populares que van erguendo desde a nada proxectos políticos, boureando contra a hostilidade dos poderes establecidos, para que, cando alcanza un apoio social notable, aparezan outras capas sociais dispostas a colonizar e apropiarse do capital político e humano acumulado. É o mito eterno do niño do cuco. Ben pouco prolífico, por certo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Perdeuse pola esquerda?
Miguel Arias Fernández
2009-07-20 21:28:05
Hai xente que caladiña esta mais guapa... Se agora vai resultar que o BNG perdeu as eleccions pola esquerda, que eu recorde cunha participación histórica os votos non foron 'máis para esquerda' senon para a dereita polo que non sei que carallo é o que ladran algúns...
2
galego patrimonio da humanidade.
XG
2009-07-05 23:29:12
Traxedias aparte. DEFENDE O GALEGO. Visita http://twitter.com/bretemas e pincha en 'galegopatrimoniodahumanidade'. Asina s.v.p. O prazo acaba o martes.
3
Non esperar.
XG
2009-07-05 23:25:23
Se fórades capaces de convivir deberíades dar á luz un BNG refundado, continuación do que hai, claro, pero novo. En caso contrario deberíades proceder a unha separación calculada e amistosa. Calquera cousa menos (1) prolongala agonía ata as votacións municipais, onde os votantes poríanlle rápido e brusco fin; nin tampouco (2) resolvelo problema coas navallas, que deixaríavos desangrados e boa presa para os veciños; e de rebote o PP máis tempo na Xunta.
4
Nin submisión nin expulsión.
XG
2009-07-05 16:01:24
"Tampouco é de recibo que alguién pretenda colonizar un proxecto político para sobre as súas bases construir outro substancialmente diferente...". Esa imputa pode facerlla cada unha das partes enfrontadas á outra, e ambas ter razón. Cando as cousas chegan a este punto as relacións están seriamente averiadas, tal vez a convivencia é imposible e aconsellable a separación. A separación, non a submisión nin a expulsión. Se o BNG é un proxecto esgotado (eu así o entendo e parezme que os feitos acreditano), ese mesmo BNG debe dar lugar de maneira razonada, analizada e amistosa ás formas que o prolongarían. ¡Qué inútil sería producir máis feridas!; ¿sabedes por acaso cando e canto máis haberíades de colaborar ou, tal vez, volver a reunirvos, a beneficio da nación?.
5
BNG, coalición
Bradomin
2009-07-05 15:21:35
De seguro que non dubidaría nen un chisco se na mesma lista electoral partillan Glez Mariñas e Beiras, ou Táboas e Suarez Canal, ou Aimerich e Pontón.... Porén, que carallo (sen perdón) fago eu se teño que elexir entre dúas listas distintas. Organícense, simplifíquense, e recorden que SO o 23% do pobo galego somos nacionalistas, ou nos axudamos, ou temos Faes para os vindeiros 16 anos. Por certo, non teño nin idea de quen son os da UPG
6
¿Quén queda sen proxecto?. Perdas e gañancias
XG
2009-07-04 22:16:28
"Desde logo, será nefasto para os que quedasen sen proxecto e tiveran que empezar de novo...". Un catedrático da empírica economía debería aplicar experiencia e lóxica unidas. Se o BNG, proxecto instrumental, desfaise, ¿quén queda sen proxecto?. Lóxicamente todos -todos- os que no BNG hoxe están. Para entendelo dívidanse, segundo experiencia, en catro partes: (1)unha que se queda coas siglas, (2) outra que comeza con novas siglas; calquera destas dúas partes reclamaranse idealmente "do proxecto orixinal BNG", pero os seus serán realmente diferentes do orixinal por variación do contido e representado. Outras dúas partes marcharán, (3) unha en direción ó PSdG e (4) outra -certamente orfa e cansa- para casa. Supóñase agora por un momento que o PSdG fose capaz de galeguizarse -sempre relativamente, que a súa compoñente sipaia pode enfeblecer pero non desaparecer-; entón porase en condiccións de gañar algo, non sei canto, do voto que ó BNG ía. Pero a súa será probablemente unha gañancia pírrica, pois o gañador final desa desfeita pode resultar ser o PP. ¿Incrible?.
7
Non hai inocentes
XG
2009-07-04 21:51:15
"Os proxectos políticos non se xustifican con estatísticas, xustifícanse con proxectos estratéxicos ou con votos...". Digo eu que os proxectos políticos xustifícanse con resultados, deses que nestes momentos o BNG, xa que logo ningunha das súas partes compoñentes, ningunha delas, pode presentar. "Non alcanzalo obxectivos previstos debe ser considerado un fracaso" (disque dixo Moltke) O fracaso do que falamos e orfo, si, como todos eles, pero sabemos que non hai inocentes se non fosen, tal vez, quenes avisaron.
8
Partillas amistosas
XG
2009-07-04 21:39:55
Finalmente as relacións están veriadas parece que sen remedio e os grupos formados p'ro combate´. O heraldo anuncianos que o combate está cercano. Procuren antes facer antes unhas partillas amistosas. Non sei eu se con eso ambas partes gañarían, pero pódese temer que ambas partes perderán, a beneficio dun terceiro (¿ou de dous?, se as fan coa furia acostumada.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers