Martes, 09 de febrero de 2010 - 18:46 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
04-07-2009 23:27

A filosofía do canto peor, mellor

5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 voto/s

Seica a nova Xunta e os seus conselleiros, presidente incluido, non deron botes de alegría ao coñeceren os favorables datos da evolución do paro en Galicia. Facendo gala dunha sobriedade pouco habitual, esquivaron facer unha valoración positiva do feito de que  respondésemos mellor ca o resto de España cunha baixada do 3,51% fronte ao 1,53%  da media estatal. En números redondos, do total de 55.250 parados menos, 7.278 corresponden a Galicia. Desde todos os puntos de vista, estamos ante unha nova moi positiva pero que ven eivada polo recordo e o mérito que se lle pode atribuir ao anterior equipo económico que sempre afirmou que Galicia gañara no último catrienio unha posición mellor para afrontar a crise. Se cadra, temos que procurar aí a razón da frialdade coa que o PP se alonxa desta realidade desde unha teimosa incapacidade para recoñecer nada que veña doutras posicións políticas. Pero no pecado atoparán a penitencia pois, como na parábola dos talentos, a Xunta terá de  mellorar ou, cando menos, manter, a política económica iniciada nos catro anos anteriores. Algo que lles resultará ben noxento na medida en que signifique darlle a razón en algo a quen estiveron traballando polo país durante toda unha lexislatura, aínda que desde posición políticas e ideolóxicas diferentes das súas. Falla xenerosidade e altura de miras.


Abonda nese comportamento o que está a acontecer coa negociación do financiamento autonómico na que se apreza bisoñez e inseguridade á hora de aproveitar, nen valorar, o respaldo unánime que lle deron á Xunta tódolos grupos políticos no Parlamento. O consenso que ofrece a oposición para o financiamento autonómico, merecería ser agradecido e ben empregado, pero tampouco aquí o PP destaca pola súa capacidade para recoñecer o valor do apoio que, con auténtico sentido de país, lle están a prestar o PSdeG e o BNG. E non estaría de máis que se aprendese dos erros do pasado porque ao fío desta negociación –primeiro exame verdadeiramente crucial para o novo presidente– o PP debería reflexionar sobre o alto prezo que teremos de pagar todos polo seu bloqueo, na pasada lexislatura, a que tivesemos un novo Estatuto, como apontaba hai uns días Guillerme Vázquez. Se así fose, Galicia, como Cataluña, tería garantido hoxe un  umbral mínimo de financiamento.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
! Hay Mariajosé ¡
pacucho
2009-07-06 13:38:01
De cuándo esta conversión nacionalista. QUIÉN TE HA VISTO Y QUIÉN TE VÉ. Ya no te acuerdas de épocas pasadas. Quizá haya que recordarte la memoria con las chapuzas-mangoneos que hiciste en tu etapa hispanoamericana.
2
A realidade de Galicia; a realidade do PPdeG
Adrian
2009-07-06 13:09:16
O certo é que desde que Feijóo é presidente a única acción do goberno que é identificable é arremeter contra o galego (língua propia de Galicia segundo o noso estatuto), facer que nais e pais paguen os libros de texto do ensino obrigatorio, e facer que a cidadanía pague máis por comprar unha vivenda a prezo público. Polo demais, a tan criticada política do bipartito en materia de economía, medio rural e benestar non só non foi rexeitada pola alegre panda de Feijóo, senón aínda asumida e continuada. En canto á financiación do estado, todos os anos a mesma historia, matizada por quen goberna en Madrid ou Santiago. Agora ben... no caso que nos ocupa, sendo presidente da Xunta de Galicia Fejóo e presidente do Goberno do estado Zapatero, o que está facendo Albertiño é moita, pero que moita demagoxia. E por suposto, moita propaganda. Primeiro porque foi Feijóo quen en 2006 negaba e criticaba que o goberno bipartito esixira do estado a famosa débeda histórica para con Galicia; e segundo, porque non hai nin unha semana que Feijóo nos dicía que se aliara cos presidentes de Castela e León, Extremadura e Asturias para facer fronte común a Zapatero, e vai ser que naranjas de la China... O presidente de Extremadura reconoce que Feijóo nin se puxo en contacto con el, máis ou menos di o de Asturias, e o de Castela, que son do mesmo ramo, estaría bo que non chegaran a acordo... Respecto do texto de Erasmo sobre os problemas internos do PSdeG... habendo o que hai no PPdeG e no BNG... pecata minuta...
3
Terás que ler outra vez o artigo...
Erasmo
2009-07-05 19:04:54
eu non cho vou explicar...! Un novo Estatuto, como apontaba hai uns días Guillerme Vázquez... algúns terían GARANTIDOS E BLINDADOS cargos dabondo para cando non estean nas listas... Unha Administración Blindada é o que algúns ansían para rematar as súas tristes carreiras políticas!
4
E que terá que ver
nete
2009-07-05 17:36:39
e que terá que ver o que dis co artigo, sr. erasmo?
5
Bloqueo ou Bloque ?
Erasmo
2009-07-05 16:27:28
María Xosé xa non lembras que deixaches polo camiño a Miguel Barros cando apuntou saídas de consenso entre o PSOE esnaquizado por Venturita e o BNG ? Seica daquela era politicamente máis prudente calar... pois agora ben podías coller o teléfono e dicirlle ós teus colegas de Madrid o que estás a dicir nestas liñas do Xornal. Farías un grande servizo a esta terra... se é certo que a amas tanto como dís. E xa de paso dalle unha patada no cú a ese trepa de Pachi Vázquez que aproveitouse da fefleza de Touriño para sentarse no sillón e lanzar pedradas tódolos días agardando que chegue a hora das seguintes eleccións... Triste líder tedes para traballar por Galicia!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles