Sábado, 20 de marzo de 2010 - 0:09 h
Borja Verea
Licenciado en Dereiro
18-07-2009 23:31

A rendabilidade do cemiterio

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Segundo os vellos o mellor morto é o que non molesta. O achegamento á morte ten unha forza case que estrutural, como a desconfianza ou a arte de bicar mal a primeira vez. Así, unha das liortas senlleiras que lembro tiña como asunto a herdanza dun nicho colocado na solaina do cemiterio parroquial, cousa importante xa que non é o mesmo pasar á eternidade aproveitando as raxeiras que metido nun burato na última esquina do camposanto. Un máis ou menos escolle onde vivir, vai escolmando entre cidades, pobos e lugares ata que chega a un obrigado equilibrio . Non é unha cuestión sinxela pero si tan importante como con quen vivir ou de que vivir. Diferente é o de como e cando morrer, aí si estamos diante de sortes incontrolables. Porén dentro dese misterio podemos decidir que facermos despois de chegado o momento: tentar un último empadroamento e atopar un bo retiro, destacaría, por exemplo, o cemiterio de Noia, un de Mugardos e o de Lefkes na illa grega de Paros. Aquí cada un co seu.


Aínda non está moi claro se a morte de Michael Jackson foi suicidio, homicidio ou desgraza pero si teñen decidido o lugar de enterramento, Forest Laws en Hollywood. Os cemiterios americanos teñen algo de campo de golf, de céspede celestial e gusto polo paseo. Asemade saben aproveitar ese marabilloso sentimento universal no que todos nós unha vez falecidos somos mellores e os nosos actos auténticos, alonxados dos vicios que poucas horas antes os embazaban e rebaixaban.


 Parece que o pai do cantante e bailarín tamén ten a intención de facer un grupo de música ao estilo Jackson Five cos seus netos, voltar aos escenarios e aproveitar supoño a rendibilidade da morte do seu fillo. Repetir a historia corrixindo erros e mellorando deficiencias. Ou non. Quen sabe. Pero tampouco nos debemos sorprender nin atacar o cerne ianqui, non hai que ir demasiado lonxe para atopar actitudes semellantes precisamente neses que din respectar o corpo quente e ao tempo están a facer as contas agochados e sumando na libreta da cociña. 


Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers