Domingo, 21 de marzo de 2010 - 20:40 h
Lara Graña
Xornalista
21-07-2009 00:51

Síntomas gripais na economía

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

a dimensión económica é, sen dúbida, a susceptible de ser relegada ao último lugar no que atinxe a temas de saúde. Mais, cos datos aportados pola Universidade de Santiago, cómpre non perder de vista que os picos de incidencia da gripe nova van coincidir co lado máis negativo da economía tanto en Galicia como en España. Isto é, que as malas novas sanitarias poden rivalizar en preocupacións e cobertura mediática coas do desemprego, a crise con maiúsculas que está a tumbar o sistema económico a nivel estatal e autonómico.


Segundo a última Enquisa de Poboación Activa (EPA), a taxa de paro en Galicia é do 12,22%, máis de cinco puntos por debaixo da media española. Nos últimos tres meses, o desemprego rexistrado na comunidade experimentou un descenso acumulado de preto de 10.000 persoas, atribuible sen dúbida ao repunte da actividade no sector terciario –estacionalidade por Semana Santa e verán– e polas obras do Fondo Estatal de Inversión Local (Feil). De feito, das máis de 7.000 persoas que atoparon traballo en xuño, o 62% fixérono na hostalería.


Isto ten unha caducidade que ninguén dubida: setembro. Que converxan de baixa laboral pola gripe nova o 20% da poboación activa –unhas 266.200 persoas– cun indiscutible aumento do desemprego será un problema engadido ao sanitario, que conlevará un incremento económico importante no medio dunha crise da que non imos saír ata ben entrado 2011. A taxa de paro seguirá a medrar en España e Galicia, e ao mercado laboral tampouco lle convén un resfriado. Malia a que a saúde sexa o primeiro, as contas son tamén preocupantes.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers