Domingo, 21 de marzo de 2010 - 10:02 h
Xosé Mexuto
Xornalista
25-07-2009 00:28

Día da Patria: a nación galega existe

4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

Se unha sociedade se recoñece a si mesma como nación, actúa dunha maneira moi distinta a se se percibe só como unha rexión ou unha provincia. No primeiro caso, os distintos grupos sociais detectan a existencia dun determinado interese nacional e poden mesmo antepor este a calquera outra demanda. No segundo caso, non é posíbel ningunha vertebración nin tampouco ningún proxecto común: todo o máis que se dá artellado é a repetición de consignas que proveñen de fóra desa sociedade.

Os nacionalistas concebimos Galiza como un país en si mesmo, completo, non aínda soberano, mais si en movemento, cara a onde, xa o veremos, nada está predeterminado. Os que non o son, os que non son nacionalistas, conciben Galiza como parte, como apéndice, e están sempre condenados a que o retrato non se faga desde dentro, senón sempre desde fóra.

Durante o debate do novo Estatuto, truncado polo sectarismo do PP, o establishment mediático, sempre hexemonizado polo pensamento conservador, facía mesmo mofa de que os nacionalistas puxésemos tanta énfase no recoñecemento do termo ‘nación’. Obxectaban que tal asunto non facía parte das preocupacións dos cidadáns (eles, que tanto se preocupan polo pobo). Agora sabemos que cando unha sociedade se recoñece a si mesma como nación –por exemplo, a catalá– é cando está en condicións de enfrentar un debate aberto e tenso co Estado. Agora sabemos que só cando unha sociedade se olla no espello como maior de idade é capaz de poñer cifras á súa emancipación. E agora sabemos que todo iso acaba resolvéndose cunha considerábel mellora das súas condicións materiais de existencia.

Galiza, en cambio, foi ao debate mermada por non dispor de novo Estatuto. Debilitada polo enorme peso que na nosa sociedade ten o aparato de propaganda conservador que nos nega como pobo.

Estou certo de que miles de galegos e galegas tomaron nota estes días e tiraron as oportunas consecuencias. Agardo que iso se traduza nunha manifestación o Día da Patria Galega verdadeiramente masiva. Que queiran que non, a nación galega existe e non vai anicar a cabeza por máis tempo.

 

>> Bótalle un ollo ao blog de Mexuto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
¡Sorpresa!
nostrus
2009-07-25 23:23:51
La nacion gallega existe, la descubrio Mexuto. Claro que como el mismo dice, sin soberania, o sea ligt. ¿Y les llega con una nacion ligt?, no, pero de momento si porque ellos lo que quieren es un peldaño mas, un trampolin para ir paulativamente encaramandose (empolingrandose)y luego decir que una nacion, si es nacion tendra que tener soberania. Ese seria el siguiente peldaño, pero de momento vamos confundiendo que algo queda. Venga ya, que le coman el coco a quien se deje
2
sentidiño amigo pgu
Ram´on Dacosta
2009-07-25 22:51:40
O modelo alternativo consistiu en facer cousas que non había: banco de terras, lei de comercio, lei do habitat, lei do solo, centros de día, galescolas, concursos transparentes,servizos públicos ,065,lei de dependencia...podo seguir
3
gran texto
xurxiño
2009-07-25 17:59:29
parabéns. Nen caso aos que despotrican sen saber.. VIVA GALIZA CEIVE!! Amigo PGU non todo no mundo son os votos. Eu son nacionalista e non voto..menos manipular!
4
Financiación comunista
PGU
2009-07-25 09:25:45
Falta por ver a este tipo de comentaristas explicar en que consiste o "modelo alternativo" que teñen na súa cacholiña. En que país se leva a cabo? Condean as antigas ditaduras comunistas do este de Europa? O modelo é Cuba? A nación, Pepiño, é o conxunto de cidadáns libres e iguais que se definen como tal. En Galicia, as vosas ideas andan en torno ao 9% e baixando. Menos ideoloxetas e máis votos.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers