Domingo, 21 de marzo de 2010 - 5:00 h
Xabier P. Igrexas
Membro de Galiza Nova
26-07-2009 21:37

O BNG reaxe

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

20.000 persoas ateigaron as rúas de Compostela para celebrar o Día da Patria Galega, participando da manifestación convocada polo BNG. A mobilización resultou nunha inxente demostración de enerxía e forza, para facer fronte ás políticas reaccionarias do PP, deixando patente que pese aos recentes retrocesos electorais o nacionalismo galego non está, nin moito menos, derrotado.

O elemento central da xornada foi a intervención de Guillerme Vázquez, que se estreaba arengando na Praza da Quintana. Foi un discurso preciso, sen excesos nin poses, cunha linguaxe clara -chamando ás cousas polo seu nome- e a contundencia de quen expresa conviccións. Nel o portavoz nacional do BNG evidenciou como partes dun todo indisolúbel a defensa dos dereitos nacionais do noso país e a reivindicación dunha nova orde socioeconómica ao servizo da maioría social, facendo de ambos elementos os eixos sobre os que pivotou a súa intervención.

Non foi un discurso máis. Foi unha demostración palpábel da fortaleza coa que o BNG, como proxecto nacionalista e de esquerdas, está a reaxer.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Comunistas contentos
PGU
2009-07-27 20:28:22
A UPG está contenta. Mágoa que conten os votos en urna e non os recontos de manifestantes dos leninistas. Pensando e actuando como se o comunismo fose alternativa a algo o BNG vai seguir de éxito en éxito ata a debacle final. Por último, un rogo, poderíase facer explícito iso "de nova orde socioeconómica"? Será Cuba? Será Corea do Norte? Será deste mundo? Onde?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers