Miércoles, 17 de marzo de 2010 - 21:57 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
31-07-2009 23:14

Crónica dunha morte anunciada

13 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 25 voto/s

Como no libro de García Márquez asistimos a un proceso previsible de destrución e descrédito da nosa lingua. ¿Que pobo consciente de si mesmo organizaría un esperpento como o desta enquisa de Feijóo para poñer en cuestión a súa mesma razón de ser e existir? ¿Que clase de dirixentes poñerían en risco a identidade do país, para conseguir unha presa de votos apelando as vísceras dunha minoría social que rexeita a cultura do pobo que os acolle? Poñen en cuestión para que serve o galego, e algún despistado esfórzase en explicarlles a importancia da lusofonía, e outros, coma Anxo Lorenzo, compárano có ingles. A razón non é esa, o ensino do galego non é comparable ó das matemáticas ou ó da física, non se trata dunha “ferramenta de coñecemento”, senón que serve para saber quen somos e porque somos, serve para ler a Rosalía e a Celso Emilio e sentilos tal como eles escribiron, serve para entendelos e compartilos, para non ser un pobo sen identidade, sen personalidade colectiva.

Sorprende que a Xunta admita un resultado adverso na enquisa sobre o galego no ensino, pero sorprende máis que fagan unha lectura favorable ás teses de reforma que xa tiñan anunciado en campaña. Empezando polo principio hai que dicir que non corresponde en exclusiva ós pais dos nenos escolarizados decidir sobre o futuro da nosa lingua na escola. É unha cuestión que afecta a toda a sociedade, porque se trata do futuro do noso patrimonio cultural, e que a Xunta non o considere así é un síntoma de ananismo cultural preocupante. En segundo lugar o procedemento foi feito adrede para condicionar un determinado resultado, que nin así conseguiron. Refírome a que no texto da enquisa non tiñamos opción de poñer que todo o ensino fose en galego, senón que só se preguntaba sobre as materias troncais, e as preguntas sobre a lingua dos libros de texto ou das probas refírense a estas materias troncais, pero non hai na enquisa opción a reclamar todo o ensino en galego, pero si en castelán. Deste xeito os resultados que se presentan son enganosos e reflicten erros de categorización das respostas. Ademais o procedemento, sen participación dos sindicatos do ensino, nin de observadores imparciais converte o proceso en tan sospeitoso como as eleccións en Irán.

Penso que Feijóo votou mal as contas sobre este asunto. Pensaba que nomeando a un “home de consenso” conseguiría abrir unha fenda entre o PSdeG e o Bloque. Unha fenda que dificultara no futuro o entendemento entre os dous partidos. Pero con cousas tan importantes, tan serias como a lingua non se pode andar xogando, e tanto para os nacionalistas como para os socialistas a defensa da identidade e da lingua galega forman parte da súas raíces, que deron lugar xa no seu día ao Estatuto do 36.

O PP faría ben en saír canto antes deste loro e non colocarse fora do campo de xogo, que lembren que un dos valores electorais de Fraga rezaba “galego coma ti”.

Para min o dato máis esperanzador da enquisa é que apoian o ensino en galego máis xente da que o fala acotío, non está mal.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Vaite pa Madrid e non volvas
xoel
2009-08-02 10:42:31

Pero que lexitimidade podedes ter os socialistas pra convertirvos en galeguistas,se sodes unha franquicia de Madrid. Sempre defendedes os intereses do voso partido que non corresponden cos dos galegos.Pero está ben que te sumes a causas do BNG.

2
ZAPATERO TIENE MUCHA JETA
Luis Carlos
2009-08-01 20:21:47
Primero negó la criis. Después llamó antipatriotas a los que decían que se avecinaba una crisis. Después prometió el pleno empleo para esta legislatura. Después pasó a decir que eso de la crisis era un concepto discutible. Luego dijo que estábamos mejor preparados que nadie para la crisis y que sus peores datos de paro serían mejores que los mejores que tuvo Aznar (¡hay que echarle un par...!). Ahora dice que él está del lado de los trabajadores (a los que ha mandado al paro por millones) mientras se monta unas vacaciones familiares berlusconianas con cargo a nuestros bolsillos. En esto de jeta, ¿hay quien dé más?. Los socialistas estáis perdiendo legitimidad a chorros y no podéis pretender que la gente os crea. Cada vez que gobernáis llenáis las oficinas del paro y os instaláis en el pleno empleo de los bienes públicos para vuestro servicio particular.
3
¡¡MENUDO VERANEO EL DE ZP!!
Marisa
2009-08-01 17:50:29
Los sociatas tenéis mucho rostro. Con la que está cayendo y los millones de parados que estáis creando, gastar el dinero público con un veraneo de nuevo rico como el de ZP es tener la sensibilidad de una almeja.
4
Zapatero: veraneo de nuevo rico y hortera
Tomás
2009-08-01 17:35:36
Me parece muy acertado que la gente se subleve contra la sensibilidad antisocial de ZP. Con la que está cayendo que se pegue el veraneo en un palacio real con un séquito de más de cien personas a su servicio y pagado con nuestro dinero, ¡¡¡manda muchos huevos!!!.
5
¿Es verdad lo del veraneo de ZP?
Marta
2009-08-01 15:24:40
¡No me lo puedo creer!. Si es verdad lo que acabo de leer del veraneo de Zapo, familia y séquito, con nuestro dinero, me parece un escandalazo. ¿Se van a celebrar los 5 millones de parados?.
6
Aos da caverna: Serafiín, Berta...
Xan Fernández
2009-08-01 15:19:13
Qué? Xa rematachedes de comulgar con rodas de audi? Xa curados da butifarrofobia?Agora toca vacacións de Zapatero?Parabéns por ser colegas dos protagonistas da excelente trama da triada de novelas negras:"La inocencia del tesorero", "Espionaje en la corte de la esperanza"," El sastre desencantado".¨Ánimo, seguro que é o inicio dunha grande colección.
7
Preocúpame como galego
Serafín
2009-08-01 14:12:16
Pois a mín, como galego, preocúpame moito mais o veraneo de novo rico do presidente do governo e mais familia, cos nosos cartos.
8
Y tu jefe con vacaciones de jeque árabe
Berta
2009-08-01 14:09:46
Ya puesto a preocuparte podías hacerlo del presidente del gobierno que sí rompe la identidad de la más mínima sensibilidad social. Hoy fleta un avión militar para llevar a su familia ´de vacaciones con un séquito de más de 100 personas a su servicio a un palacio real que incumple, además la ley de costas, igual que los chiringuitos. Todo ello con cargo al bolsillo de los españoles, parados incluidos.
9
Loita popular
Galego ata a morte
2009-08-01 13:35:26
se o castellano-españolista pretende que quedemos coma parvos mirando como destruen a nosa cultura e mellor que saiamos a rua e despertemos a nosa xente para que sepan que galicia sabe loitar e que sabemos convivir pero non somos parvos

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers