Martes, 09 de febrero de 2010 - 18:45 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
01-08-2009 21:32

Patufos desleigados

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 17 voto/s

Lin a Celso Emilio Ferreiro por primeira vez sendo unha rapazola recén chegada a Galicia desde a miña infancia cubana, aló polo sesenta e oito. A portada da edición de ‘Longa Noite de Pedra’ que fixera a editorial Losada, en Arxentina, relocía no escaparate dunha libraría a carón doutra do “Sóngoro Cosongo” de Nicolás Guillén que foi o anzó polo cal fixei a miña atención no de Ferreiro. Logo coñecín ao escritor de Celanova e puiden manter e gravar moitas horas de conversa para un programa radiofónico que fixen xunto co escritor X. A. Perozo na vella Radiocadena Española de Vigo.

Foi un material de inmenso valor que cedimos ao arquivo sonoro do Consello da Cultura, no que o poeta, en primeira persoa, ía debullando a súa vida e dando opinión sobre momentos cruciais e persoas da historia da Galicia que el coñecera. Esas conversas recollémolas nun libro que publicou Akal, en edición bilingüe para toda España, en 1981 –coa axuda de Vítor Vaqueiro para a edición en galego– baixo o título de Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas. Fóra de catálogo desde hai moitos anos e absolutamente esgotado, esta aproximación biográfica tivo o valor de servir de altofalante a unha das referencias éticas, poéticas e políticas de varias xeracións de galegos e galegas.

Todo este relato ven a conto porque estes días o seu poema “Deitado frente ao mar” está a ser citado decote para reivindicar a lingua galega fronte as continuas agresións e manipulacións que lle está a facer a Xunta do Partido Popular, enquisas incluídas. Lembro a un Celso desafiante declamando “lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gusta, porque me peta, e quero, e dame a gana, porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ó ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ó por a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser co rostro erguido mariñeiros, labregos da linguaxe, remo e arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gusta, e quero estar cos meus, coa xente miña, pertos dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua. Non falo prós soberbios, non falo prós ruíns e poderosos, non falo prós finchados, non falo prós estúpidos, non falo prós valeiros, que falo prós que aguantan rexamente mentiras e inxustizas decotío; prós que súan e choran un pranto cotián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de todos os que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada frente ao mar, ise camiño...”.

Non se pode dicir mellor. O certo é que a dereita recupera os vellos demos do pasado que nos remontan á dictadura, contexto no que nacera o seu marabilloso poema. Cincuenta anos despois, o Partido Popular fai a súa propia revisión da Memoria Histórica –da súa– para menosprezar e ningunear unha fala que se preservou nas almas e nos fogares dos humildes durante varios séculos, que recuperaron os intelectuais e as avangardas de fins do dezanove e principios do vinte, que se fixo Lei axiña Galicia contou coa autonomía precisa para se gobernar, e que a estas alturas algúns teiman en marxinar novamente.

A grande diferencia desta época respecto doutras con tiranos vestidos de xefes de estado é que a información agora é libre. Que tomen boa nota.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
parabéns
carlos
2009-08-03 22:22:19
Parabéns. Hai que reler a Celso Emilio, e iso que son liberal...pero galego
2
Retocer retorces de carallo cando queres...
Erasmo
2009-08-03 18:34:45
As palabras de Celso Emilio están coma sempre de actualidade, pois seguimos vivindo no país dos ananos! Por máis que RETORZAS AS VERBAS do poeta non verás que diga en ningures ca lingua galega se fale por Decreto! ¿Non si? Pois aplícate o conto e a ver se empezamos a 'falar a lingua proletaria do noso pobo' SEMPRE i en todo lugar... sen complexos nin subvencións... sen discriminacións positivas nin negativas... e igual o poeta -ó fin- descansa deitado diante a este inmenso mar de oportunistas lingüísticos de última xeración...! Unha lingua NON ser fala por Decreto e menos cando é a nosa! Non sabía eu co PSOE tiña tanto amor pola lingua galega, máis benvidos sexades se queredes falar a lingua do noso pobo sen tirar pedras contra NINGUÉN...!
3
VIVA A LINGUA GALEGA
ROSALÍA
2009-08-01 23:27:32
Moitas grazas, María Xosé polo teu artigo.O noso himno nacional tamén conta cuns versos dedicados a estes analfabetos que nos queren roubar o idioma cando di "mais só os ignorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden non".Adiante Galicia !!!!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles