Viernes, 19 de marzo de 2010 - 5:46 h
07-08-2009 22:45

Escurantismo no lixo

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

A incineración de 400 toneladas de fármacos en Cerceda por parte da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), fixo agromar de novo a polémica sobre a xestión dos residuos en Galicia. O conflito vén de lonxe, cando no 2002 comezou a funcionar o Sistema Integral de Gestión de Residuos (Sigre), ideado para recoller os fármacos das farmacias e evitar que contaminasen o medio ambiente. Eses restos, 12.000 toneladas, acabaron ciscados no vertedoiro da Areosa, cando deberían ser queimados para obter enerxía. A Xunta asegura que a calcinación cumpre con todos os requisitos dispostos pola anterior Consellería de Medio Ambiente, que os fármacos son asimilables a residuos sólidos urbanos e, polo tanto, susceptibles de ser incinerados. O PSdeG mantén que os traballadores da planta non foron informados dos riscos que esa operación podería supoñer para a súa saúde, e censura a súa queima. No fondo da cuestión hai siglas, cifras e acusacións que non fan máis que confundir aos cidadáns. Unha situación de escurantismo que non contribúe para nada á hora de que a sociedade saiba que está a ocorrer realmente en Sogama. Está claro que a pugna política non vai evitar que a sociedade deixe de ver con escepticismo a reciclaxe de fármacos. Mentres, perde o medio ambiente, perdemos todos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers