Martes, 09 de febrero de 2010 - 17:04 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
08-08-2009 23:21

Cheira a podre no PP

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

Foi un militante do Partido Popular o primeiro en denunciar a trama de subornos e amizades perigosas coñecida coma o ‘caso Gürtel’, que asolaga esta formación nas principais comunidades autónomas nas que goberna desde hai tempo, véxase Valencia e Madrid, mesmo que agora se estenda o chapapote da corrupción ata Baleares. Daquela denuncia proveñen unha investigación xudicial, a apertura de dilixencias e a instrución posterior que remata, polo de agora, coa decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia de sobreseemento das actuacións nunha resolución inaudita.

A resolución é tan polémica que a Fiscalía Anticorrupción recúrrea porque deixa baleiro de contido o delito de “cohecho pasivo” do artigo 426 do Código Penal, alén de conter un voto particular discrepante. Outros recursos en marcha refírense á infración da Lei, á vulneración dos dereitos de tutela xudicial e defensa, á interpretación errónea do mencionado artigo 426 e, finalmente, á arbitrariedade da decisión dun Tribunal que, sen poder descartar que os feitos xulgados sexan certos, impide a súa investigación. A resolución –que salva polos pelos ao presidente da Comunidade Valenciana– promóvea o presidente do TSJ de Valencia, José Luis de la Rúa, a quen o propio Camps identificou como “algo máis que amigo”, e produce unha nube de sospeitas cheirentas sobre a falla de garantías democráticas nos nosos sistemas xudicial e político. Porque o auto do TSJV non desminte que Camps mentira nin que recibise regalos carísimos de xeito continuado dunha trama corrupta que ten aos seus principais dirixentes na cadea. Unha trama vencellada ás administracións gobernadas polo PP e con ducias de destacados cargos institucionais do partido imputados, entre eles o seu tesoureiro e senador, Luis Bárcenas, o deputado nacional Jesús Merino, e máis varios alcaldes, concelleiros, un viceconselleiro, un ex eurodeputado e máis outros deputados madrileños…

Pero a reacción do PP oscila entre os silencios clamorosos e as defensas entolecidas. Velaí que a primeira só pode obedecer ao medo ou á complicidade e nese caso está un líder emerxente no PP, o galego Núñez Feijóo, de quen se espera que exprese a súa opinión sobre este sucio enredo e encabece unha corrente no seu propio partido que procure a limpeza e a verdade, e que, sobre todo, diferencie as responsabilidades políticas da bronca suicida. A outra é a de que non hai mellor defensa que un bó ataque, e aí se sitúa a desmesurada declaración da Secretaria Xeral, Dolores de Cospedal, acusando ao Goberno de perseguir ao seu partido en lugar de facelo contra ETA poucos días despois da reaparición dos terroristas en senllos atentados en Burgos e Mallorca. Filla política dunha parella imposible: Aguirre e Rajoy, Cospedal, como actual segunda do PP, fai dubidar da súa valía prestándose a este perigoso xogo do “todo vale”. Muller nova e rompedora de tabúes na súa vida persoal, divorciada, nai solteira que recorreu á fecundación in vitro, próxima a casar cun home trinta anos máis vello ca ela e cunha potente carreira profesional no eido da avogacía e da función pública, acepta inmolarse por xentes con moito menos futuro e talla políticos. Pónse, neste momento e con suma torpeza, á fronte da xustificación dunha trama corrupta que se beneficiou de numerosos contratos públicos en Valencia por valor de oito millóns de euros. Todo un acerto para quen a percibe como unha ameaza na loita polo poder dun próximo futuro post–Rajoy.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
cheira millor no pssoe
o can de zp
2009-08-09 16:24:33
e millor a psoe: gal, filesa, malesa, time sport, ave, boe, chaves, endesa,

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles