Sábado, 20 de marzo de 2010 - 18:58 h
M. A. Fernán Vello
Escritor e editor
09-08-2009 22:55

Segregación nas aulas

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 45 voto/s

Os defensores da segregación por sexo nas aulas —pais e nais ultracatólicos— chegan a afirmar, entre outras cousas, que tal segregación evita a violencia doméstica e a violencia sexista. E isto, no plano da verdade, resulta intolerábel. Porque estas persoas, a maioría de dereitas e de estrema dereita, e non poucas, obviamente, simpatizantes do franquismo en diversas intensidades, non deberan ignorar que a violencia de xénero na ditadura de Franco, onde se aplicaron principios pedagóxicos do catolicismo máis reaccionario do século XIX, estaba á orde do día, e moitos dos casos de violencia doméstica actuais teñen que ver con aquela mentalidade, aínda en certos ámbitos vixente, que convertía á muller, silenciada e invisibilizada, en simple submisa. O caso é que o Consello da Xunta acaba de aprobar axudas millonarias a colexios privados que ofrecen educación segregada por xénero, apoiando así unha “formación diferenciada” por sexos, opción pedagóxica que está a rexurdir moi puntualmente en EE UU ou na Gran Bretaña. ¿E en España? Dada a crecente “refascistización” da sociedade española, algo que resulta evidente en moitos ámbitos, non convén esquecer que existe unha Federación Española de Religiosos de Enseñanza (FERE), que aglutina a 2.400 centros católicos e que, aínda defendendo na actualidade un modelo mixto na educación, non chegaría a ver mal nun futuro a segregación dos alumnos en función do sexo. A propia Confapa (Confederación Católica de Federaciones de Asociaciones de Padres de Alumnos y Familias) ve a educación diferenciada como “unha opción de liberdade e un modelo de futuro”, e outórgalle a esta amplas bases científicas, entre elas a existencia demostrada dun “dimorfismo sexual cerebral” —os cerebros feminino e masculino son “notabelmente diferentes”—, razón esta que require “unha resposta adecuada no ámbito da aprendizaxe e a educación”. Cousas veremos. Xa Emilia Pardo Bazán defendía a finais do século XIX a coeducación e o laicismo, algo que dende o ano 1876 e até o 1938 levaría a cabo a Institución Libre de Enseñanza e se acabaría implantando só na Segunda República, porque o franquismo remataría prohibindo finalmente a escolarización conxunta de nenos e nenas nos niveis primarios e secundarios. Non esquezamos isto. Educarse xuntos e convivir na mesma aula nenos e nenas, rapaces e rapazas, é a mellor garantía para unha aprendizaxe na convivencia e no respecto mutuo, asumindo e valorando de xeito positivo no plano humano e social as diferencias existentes entre homes e mulleres. A segregación por sexo nas aulas é un paso atrás, sen dúbida, na política civilizatoria e un triunfo dos sectores máis reaccionarios e tradicionalistas da sociedade.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
E os que falen galego...
Berete
2009-08-10 15:16:45
E os que falen galego que leven unha banda azul no brazo pra distinguilos.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers