Viernes, 19 de marzo de 2010 - 18:40 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
10-08-2009 21:48

Reformar o Igape

2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Descoñecemos cal é a política económica do Goberno galego, digo máis, descoñecemos quen é o responsable da política económica da Xunta. Temos, á falla dun, dous conselleiros do ramo, conselleira de Facenda e conselleiro de Economía e Industria, pero ningún deles, e tampouco o presidente, concretan cal é o guión, a opción, o modelo de xestión dos nosos recursos, nin cales os obxectivos ou as medidas que aplicarán para acadalos. A única novidade nesta materia é o enganoso discurso da austeridade coa que se pretende xustificar a parálise dun Goberno que asiste ao paso da crise como se non fora con eles.

Durante a pasada campaña electoral falouse moito do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), pero no tempo que leva a actual Xunta, non se ten definido ningunha reforma concreta, nin sequera se ten afirmado a vontade de facer tal cousa. De momento o que está a suceder é que se restrinxen as axudas ás pequenas e medianas empresas, que son as que máis o necesitan para saír da crise, e se aumentan as das organizacións empresariais. Isto son cartos tirados, xa vimos o que lle sucedeu á Confederación de Empresarios de Galicia nos tempos de Ramilo, cando recibiron da Xunta recursos a esgallo, e acabaron cun furado de 1.000 millóns das antigas pesetas e con xuízos cruzados acusándose uns a outros de meter a man na caixa.

É certo que algunha das propostas de reforma do IGAPE que se falaron, como convertelo nun Instituto de Crédito Oficial, eran máis aparentes que reais. O Igape xa actúa en paralelo ao ICO, xa presta crédito ás empresas a través de convenios co Ministerio de Industria e xa participa no capital de empresas privadas con fondos de Capital-Risco. Nesta liña pódese reformar a súa estrutura ou a de XesGalicia, que é a sociedade xestora dos fondos Capital-Risco, pero na práctica as súas capacidades quedarían como están. A verdadeira reforma sería abrir a posibilidade de emitir débeda pública. Así poderíase contar con moitos máis recursos para axudar ás empresas e para deseñar políticas sectoriais de carácter estratéxico. Sería máis eficiente retribuír aos investidores en débeda e utilizar os recursos captados por esta para fortalecer as liñas de axudas, que o modelo actual no que tódolos recursos saen dos orzamentos. Para dar este paso habería que reformar a Lei de creación do Igape, e aínda que nos axudaría ter un novo Estatuto de Autonomía actualizado como os reformados recentemente, o actual permitiría esta reforma (artigo 44.9). Pero estas son as cousas das que non falan o Sr. Feijóo nin os conselleiros económicos, non din cales son os seus obxectivos, non sabemos si é porque non os teñen claros ou porque son inconfesables. Non sei que será peor.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
falan os que negaban a crise
xan das noces
2009-08-14 02:04:18
Coa que está caendo en materia economica,e estes socialistas,xa non saben de que falar para distraer o persoal.e veña parados...
2
Acertada análise
Eu
2009-08-11 08:27:31
Aí, Xavier, ti marcando distancias co PP. Fas ben, despois do papel que fixeches na anterior lexislatura, defendendo no Congreso o veto do PSOE á construción naval en Ferrol, contra o plan da Consellaría de Industria do BNG que tiña o apoio unánime do Parlamento galego e figuraba no pacto de goberno do bipartito. Podían coller un deputado murciano ou toledano para defendelo, pero non, fixéchelo ti. Sempre queda mellor se aparece o galeguiño para facer o xogo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers