Lunes, 22 de marzo de 2010 - 2:50 h
Rosa Aneiros
Escritora
22-08-2009 22:43

Falsas lembranzas?

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

Leo: “Ás veces lembramos vivamente cousas que non sucederon, un fenómeno con importancia xeral, e non só nas salas dos tribunais. Non está claro ata que punto as diferenzas individuais nas falsas lembranzas son provocadas por diferenzas anatómicas nas rexións do cerebro relacionadas coa memoria”. Este é o inicio da investigación: “As diferenzas individuais na recuperación da verdadeira e da falsa memoria están relacionadas coa microestrutura da materia branca do cerebro” publicado en The Journal of Neuroscience e da autoría dun grupo interdisciplinar de investigadores cataláns. Este fascinante relato da viaxe pola mente apunta que a memoria é reconstrutiva, non un proceso perfecto. Así, e logo dunha investigación entre 48 estudantes barceloneses, conclúen que “as diferenzas na microestrutura da materia branca son a base do funcionamento da verdadeira e da falsa memoria”. Máis aínda. Indican que neste momento non é posible saber se alguén evoca lembranzas verdadeiras ou falsas. Non son mentiras. Son distorsións dos procesos da memoria. Esta cuestión déixame absolutamente desaqueloutrada. Miren ao seu redor. Ollen as ondas que se baten maimiñas na beiramar. Enxerguen o ceo claro, sintan o cheiro do xabre, os berros dos nenos nas ondas, a brisa cálida nas orellas, o resol na area, as cóxegas nas puntas dos pés, o calafrío do Atlántico, o sol arrolado no horizonte. Tamén o pracer desa caña nunha terraza, o olor das luras fritidas e algo de limón, o crebar da pel das xoubas nos dentes. Graven estas sensacións no alpendre da memoria para sacalas, como as formigas, na esterilidade fría do inverno.

Ai, pero, e se todo fose falso? E se non fose verdade aquel pan con nocilla? Ou o roubo da bicicleta, ou o libro de tapas amarelas, ou os figos doces de setembro? E se nunca foron? Tal vez os veráns non sexan máis ca espellismos do que nos gustaría ter vivido, fuxidas cara a adiante dunha realidade amarga, estadios distorsionados de pracer nunha escalada que cada día se antolla máis empinada. O terror á soidade do alpinista Óscar Pérez electrocuta todos e cada un dos contactos do cerebro. Por iso, sexan verdadeiras ou falsas, aferrámonos ás lembranzas doces para sobrevivir aos nosos persoais Latok II que non fican no Paquistán senón moito, moitísimo máis preto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers