Martes, 09 de febrero de 2010 - 21:53 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
29-08-2009 23:19

A Xunta perde o Sur

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

Galicia limita ao sur co Estreito de Magalhâes. A constante perda de capital humano que sufriu o noso país durante case cen anos foi unha desgraza que o decorrer do tempo converteu en oportunidade. Milleiros de mulleres e homes de orixe labrega partiron nunha decisiva e dorosa ruptura cara á Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba, México ou Brasil, deixando atrás subdesenvolvemento e atraso. No novo mundo atoparon sociedades democráticas, instrución gratuíta, traballo industrial, capacidade para emprendementos comerciais e a posibilidade de que a súa prole estudase e atopase traballos que os que quedaron aquí tardaron moitas décadas –guerra e posguerra incluídas– en conseguir. Aqueles campesiños, probablemente analfabetos, que cruzaron o océano sen máis recursos que a forza de traballo e o impulso de supervivencia, viron como frolecían as súas sementes no alén agromadas en empresarios, médicos, mestres, operarios, artistas ou políticos con apelidos ben galegos. Esa Galicia trasterrada foi quen de construír identidade, símbolos e ideoloxía, como a bandeira, o himno ou o goberno republicano no exilio, e de retribuír aos que resistían aquí con escolas, cartos e coidado da lingua e a cultura propias.

Deste xeito, a mesma Galicia que a finais dos oitenta aínda estaba á cola do PIB dos países europeos, foi concebindo unha outra patria extendida onde os límites xeográficos se tornaban elásticos e onde o ceo mudaba a visión da Estrela Polar pola Cruz do Sur que orientou as grandes epopeas da navegación renacentista. Hoxe Galicia ten un capital inxente e non calculado aínda de grande valor humano e económico espallado polo mundo, pero especialmente, en Iberoamérica, esa comunidade de pobos e estados que inclúen os da península ibérica, América Central, o Caribe e a América do Sur. Falar a estas alturas das expectativas desta rexión mundial supón facelo do seu potencial en reservas naturais e recursos sustentabeis; dunha posición xeopolítica que a convirte en vértice imprescindible na relación triangular entre Asia, Europa e África, co continente americano; da convivencia máis ou menos harmónica, pero en razoable paz, de razas, culturas e relixións; e dunha poboación de perto de cincocentos millóns de habitantes que se expresan maioritariamente en portugués e español, nas que o galego ten un espazo propio e natural como elemento que conecta ámbalas dúas e se convirte nunha ferramente marabillosamente útil e precisa.

Haberá unha Galicia arxentina, uruguaia, brasileira, cubana… na medida en que netos e bisnetos dos que partiron, hoxe cidadáns deses outros países, segan a alimentar o amor e a pertenza ao legado dos seus ancestros e estean en disposición de aportar saiva nova e capacidade de influencia nese lugar fantástico do mapa mundial que é a América emerxente. Por iso dá noxo a miope actuación da Xunta de Galicia e o retorno ao pasado que supón a conversión das delegacións de Bos Aires e Montevideo en oficinas asistencialistas con manexo caciquil. É un erro histórico abandonar un proxecto de acción exterior que priorice as relacións con América a cambio de procurar a adhesión de centros privados e subvencionados que alugan despachos aos funcionarios públicos para que xestionan axudas económicas, bolsas e viaxes. Cando Cataluña e Euskadi –sen os vencellos nin a responsabilidade que temos nós– pensan en seguir o modelo emprendido polo goberno da coalición PSdeG-BNG, recoñecendo o acerto desa medida, Galicia se nega a si mesma e perde un Sur que tamén lle é de seu, a poucos meses do centenario de Seoane, perfecto exemplo da síntese cultural e da mestizaxe enriquecedora que tivemos e aínda temos –malgré lui– alá.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
A Xunta o que non perde e o oportunismo
Fanny
2009-08-30 10:33:13
O que non se lle pode negar a dereita, e a sua man pra rentabilizar os problemas. O estan a facer ca inmigración, e a crisé. Fixerono cas cadeiras, e os coches. Cando lles ia ben cos votos da emigración, todo eran facer embaixadas, axudas prós emigrantes etc. Agora ca emigración dalle as costas (lembremos que o bipartito tivo mais votos co PP gracias a emigración). Pois eles sinxelamente, danlle as costas os emigrantes, e os de4stinos onde ficarón.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles