Jueves, 18 de marzo de 2010 - 13:45 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
04-09-2009 22:47

Autoridade laboral desautorizada

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

No mercado laboral existe unha entidade, que empresarios e traballadores respectan, que se chama Autoridade Laboral. Ten a última palabra na resolución, por exemplo, dos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs), ten tamén a capacidade de sancionar e de executar á vez as sancións da Inspección de Traballo, de exercer o control de legalidade dos convenios colectivos e de intermediar en xeral nos conflitos laborais. A Autoridade Laboral reside na Xunta de Galicia, concretamente na Consellería de Traballo, que ademais engade a estas competencias as de promoción do emprego mediante as chamadas Políticas Activas de Emprego (formación, programas de cooperación, escolas taller, etc...).

A credibilidade desta institución, que funcionou historicamente ben con gobernos de toda cor, seguramente por ser un espazo ocupado sempre por persoas pertencentes ao mundo das Relacións Laborais, está en entredito pola torpeza, pola ilegalidade cometida pola directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, dona Ana María Díaz López.

Poden darlle as voltas que queiran, poden tentar confundir á opinión pública, poden incluso convencer aos medios de comunicación ou á maioría dos cidadáns de que esta señora non ten que dimitir, pero o mal que están facendo a un ámbito tan sensible como as Relacións Laborais en Galicia é irreparable. Nin a directora xeral, nin a conselleira terán forza moral nin credibilidade para adoptar medida algunha no mundo do traballo, nin para sentarse a resolver un conflito, nin para pedir aos empresarios que cumpran as leis e os convenios colectivos, nin para soster ante os sindicatos que traballan por facer cumprir a normativa laboral, mentres unha sentenza afirme que a directora xeral de Formación e Colocación despediu persoalmente a unha traballadora que ademais estaba contratada ilegalmente.

Din, para rebater a sentenza, que a directora xeral non forma parte da sociedade mercantil na que a empregada traballaba. Xustamente esta desculpa afirma a existencia do delito, pero é que ademais a sentenza di que foi persoalmente esta responsable da Xunta a que despediu a empregada co que se confirma dobremente a súa responsabilidade, como di a sentenza “solidaria”, da directora xeral, do seu pai e o seu irmán.

Calquera condena xudicial sería motivo para a dimisión dun cargo público, pero neste caso a agravante é que se trata dunha condena por contratación e despedimento ilegal a un cargo público que forma parte da Autoridade Laboral que debe velar polo cumprimento da Lei no mercado de traballo.

Son moitos xa os casos de corrupción e irregularidades que afectan ao Goberno de Feijóo, o delegado territorial de Ourense, os conselleiros Alfonso Rueda e Agustín Hernandez e agora a directora xeral de Formación e Colocación. Aquelas defensas pomposas da austeridade e da decencia política que facía o señor Feijóo durante a campaña están desacreditadas. Urxe que se tomen medidas drásticas con rapidez ou estes enredos empantanarán a xestión das consellerías durante toda a lexislatura.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Haiche de todo neste mundo
Eu
2009-09-05 09:14:21
É certo, aínda que para políticas laborais as do PSOE, impoñendo un veto ao estaleiro de Fene para que teñan máis traballo os das outras zonas do Estado. Consecuencia, milleiros de parados e de persoas que tiveron que emigrar. E ti mesmo defendéndoo no Congreso, como bo galeguiño.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers