Sábado, 20 de marzo de 2010 - 15:23 h
M. A. Fernán Vello
Escritor e editor
20-09-2009 22:09

O 'Khaos' educativo

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 39 voto/s

Enténdase aquí aquí o termo “khaos” na súa acepción máis latina —materia informe ou confusa— para significar o estado da educación en España. E permítaseme que cite ao Ovidio das “Metamorfoses” para obtermos unha definición de “caos” que semella perfecta á hora de nos aproximar a unha explicación da realidade inmediata en materia educativa. É o caos para o autor da antiga Roma “unha masa dabondo crúa e indixesta, un vulto sen vida, informe e sen bordes, de sementes discordantes”; e velaí, se se quixer, unha metáfora visual da educación no seu conxunto no Estado español, onde máis dun 25% dos alumnos de 15 anos (véxanse os informes Pisa) non entenden nada —ou sexa, nada— do que len. Se un olla cara atrás, facéndomos sitio para a lembranza, entre as primeiras brétemas que sinalaron as reformas educativas españolas en tempos da UCD e posteriores, axiña aparecen a LOECE, a LAU, a LODE, a LOGSE, a LOU, a LOPEGCE e a LCE, entre outros espectros legais educativos que teñen producido a actual “masa dabondo crúa e indixesta” que caracteriza o perfil ruinoso da educación española. Un recente informe da OCDE sobre España amosa ben ás claras que o baixo nivel educativo existente —situación “moi mala” no ensino secundario e na universidade— está entre os problemas máis importantes que afectan á economía española no seu conxunto, pois a educación é vital para o crecemento económico e para o desenvolvemento entendido no sentido máis amplo. Na actualidade, e por primeira vez na historia recente, máis da metade da poboación de 25 a 64 anos no Estado español (un 51%) atinxiu cando menos un nivel de educación secundaria superior, mais esa cifra está aínda moi lonxe da media existente na Unión Europea e no mundo desenvolvido, e só supera —velaí o fracaso escolar en escena— a países como México, Turquía e Portugal. E aí vai a pregunta. Dado o grave da situación, ¿será posíbel acadar un Pacto pola Educación en España? ¿E abondaría con iso? O certo é que durante as dúas lexislaturas de José María Aznar o investimento en educación ficou estancado nun 4% e na actualidade roza xa o 5% do PIB, aínda que o coñecemento —peza clave do progreso económico— segue a ser entre nós un edificio en ruínas. ¿Con que nivel de coñecemento chegan hoxe os alumnos á universidade? ¿Que tanto por cento de alumnos acceden, por exemplo, aos estudos superiores coa capacidade (pensamento abstracto) para pensar e actuar en planos simbólicos? O “khaos” educativo en España —desorde e confusión— continúa. Sen coñecemento non hai progreso. Nin conciencia, nin verdadeiro diálogo creador e construtivo. Unha caste de empobrecemento cultural avanza como as areas do deserto. Deberase traballar, pois, e moito, para que non se faga realidade aquela perspectiva profética de Machado: “El vacuo ayer dará un mañana huero”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Humanidades e tecnocracia
Galaicus
2009-09-20 23:41:14
Moito se fala da educación pero poucos se deteñen a ver realmente o que teñen que estudar os rapaces. Antes o ensino centrábase nunha serie de elementos considerados básicos e aos que se lle adicaba bastante tempo; hoxe preténdese impartir os mesmos contidos en moito menos tempo, e ademais hai moitas máis asignaturas e unha grande "opcionalidade". É imposible: necesítase tempo para pensar. Ademais, sábese, por exemplo, que practicamente todos os rapaces que acaban Secundaria (obrigatoria e post) nunca estudaron Arte?. Resulta cínico que despois nos queixemos de que nunca oiron falar de Goya.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers