Lunes, 22 de marzo de 2010 - 4:27 h
Silvia Carregal
Xornalista
20-09-2009 16:33

Políticas populares ou desandar no social

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

Dun tempo a esta parte non entendo nada. A dico­tomía entre do que pensamos e do que facemos é notable nos tempos que corren. Adoecemos dunha actuación que sexa consecuente coas nosas ideas ou, se cadra, somos un chisco inconscientes. Non sabería decirlles.

O caso é que, desde as institucións e na rúa, falamos de promover a igualdade, pero logo auspiciamos, con cartos públicos, a separación por sexos dos cativos en centros concertados. Falamos de espir de ideoloxía e de relixión as escolas, dotándoas, eso si, dunha formación ética que serva para compoñer unha sociedade de xente de ben. Pero a realidade é que é que logo os símbolos seguen a estar presentes, e as materias a impartir quedan adheridas aos deseños curriculares a lume, coma fosilizadas.

Sabemos da necesidade de mellorar a formación para garantir o futuro, pero promovemos recortes económicos nos alicerces da sociedade que está por vir.

Con cartos públicos permitimos educar a unha parte das nosas futuras xeracións unha burbulla, nun mundo irreal no que homes e mulleres son diferentes. “Los niños con los niños y las niñas con las niñas”. ¿Pódeme alguén explicar as garantías dun xeito para educar mentes segundo o sexo do pícaro? ¿Trátase de bonecas para elas e automóbiles para eles? ¿Humanidades para as femias e ciencias para os machos? ¿Onde está o límite para as separacións? Os nenos por un lado, as nenas polo outro. Os castelán falantes por un lado, os galego falantes por outro. Os que teñan DNI por un lado e os que teñan pasaporte por outro... ¿Cheira a gueto? ¿non si?

Aínda non vin formación política que chegara ao poder e non se vira tentada a meter baza na educación. Sabedores de que adoutrinar ás futuras xeracións entronca sociedades enteiras, non poden evitar pecar de gula ideolóxica.

¿Para cando un goberno que forxe unha xeración de homes e mulleres librepensadores e non aliñados? ¿Para cando un grande pacto pola educación? É un acordo reclamado dende hai anos e unha das grandes eivas que temos pendente dende a transición.

Estamos a desandar o camiño social andado nos últimos tempos cara a unha calidade na educación galega dende a base.

A conciliación da vida laboral e a familiar recúa con atrancos nos comedores escolares dos centros públicos. Escoito casos nos que, no mesmo colexio, un dos rapaces da casa ten concedido o comedor e o outro non. Debido á limitación de prazas o día a día desas familias é unha tolemia. Un pícaro come na escola e outro… ¿Onde ha xantar o outro? Exacto, atinaron... ¡Benditos avós! Confírmase que son a máis grande ONG do noso tempo.

 

GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO E PITAS DE CORES

Outro paso atrás nas políticas sociais está no eido da axudas aos libros de texto. Poida que, neste escenario económico, non sexamos quen de asumir unha gratuidade universal. Pero a raia do que se ten dado en considerar unha renda baixa non parece real.

Mudámoslle o nome ás Galescolas por Galiña Azul. Consecuencia diso tocará pagar novos letreiros, mandilóns, papelería… Pero non hai para libros, comedores… ¿Era preciso o cambio de nomenclatura?

Gastamos eses os cartos, que disque non temos, nun traxe novo o logo dámonos de conta de que temos baleira a carteira para pagar os custo das nosas necesidades máis básica. ¿Era a imaxe corporativa das escolas infantís crucial para o progreso do país?

¿Canto tempo seguiremos metidos en liortas nominais e non de fondo? Ten pasado co Estatuto, co matrimonio... ¿Imaxinan que unha parella decidira non ter un fillo por non ser quen de acordado o nome do meniño? Patético. Escaseamos de nivel na clase política.

Non falta quen afirma que en Galicia asistimos a unha sorte de desmantelación de servizos públicos. Coma mínimo obsérvanse carencias de interese nalgúns temas na súa vertente material, esa que se traduce en dotación económica.

Sabemos o que está ben e o que está mal. Así e todo, falamos unha cousa e facemos outra. Non só os políticos. Tamén os cidadáns que dicimos pensar dun xeito, e logo rematamos por votar doutro diferente.

Ás veces afirmamos que xa non hai ideoloxías; que non hai diferencias entre das formacións de dereitas e esquerdas. Cada vez estou menos certa diso. “Polos seus feitos, habédelos coñecer”, dixo Xesús. E coñécense, vaia que si.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Toca aguantarse
2009-09-20 16:04:23
Q esperabamos. Tenemos el gobierno que decidimos en las urnas. Es lo que votamos. Toca aguantarse cuatro añitos. A ver si por lo menos aprendemos los ciudadanos (a golpes) y los políticos. ellos tienen q aprender a entenderse.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers